viernes, septiembre 22, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Un orzamento anual con máis presuposto

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
enero 9, 2023
in A Laracha
0
presupostos laracha 2023

As contas do 2023 saíron adiante cos votos do grupo de goberno (Partido Popular) e co posicionamento en contra dos dous grupos da oposición (PSOE e BNG) Foto: Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
46
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Pleno municipal aprobou os orzamentos para o 2023, que alcanza un presuposto de 9.850.000 euros.

O 22 de decembro de 2022, o Pleno da Laracha aprobou os presupostos, con carácter inicial:

  • límite de gasto financeiro
  • cadro de persoal
  • orzamentos para o exercicio 2023

Dicir que os novos presupostos presentan un incremento do 14,30 % con respecto ao ano anterior e alcanzarán os 9.850.000 euros.

Neste sentido, o alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu o labor do persoal adscrito ao departamento de intervención por “poder traer as contas antes do remate do ano”. Tamén adiantou que agarda que os novos presupostos “estean operativos a finais do mes de xaneiro”.

Tamén o rexedor municipal referiuse aos orzamentos como reais, prudentes e cautelosos. Na súa intervención concluíu que agarda “subilos a doce millóns de euros a final do ano, do mesmo xeito que se fixo co anterior exercicio”. Ademais destacou que o Concello “manterá as taxas e impostos municipais nos tipos mínimos fixados por lei”, facendo referencia especial ao IBI.

Gastos correntes

O capítulo do orzamento máis amplo, que se leva máis do 56 % do total dos presupostos, é o de gastos correntes, ao que o alcalde se referiu como “a base fundamental do funcionamento do Concello”. O seu importe increméntase nun 12 % con respecto ao exercicio anterior. Os factores principais do aumento é o propio aumento dos prezos das fontes enerxéticas e a revisión á alza dos custes de diferentes servizos que se prestan desde o Concello:

  • limpeza
  • mantemento de zonas verdes
  • xestión dos centros sociais
  • etc.

Neste capítulo tamén se recollen partidas económicas para continuar co desenvolvemento de iniciativas como son os traballos arqueolóxicos para a posta en valor do Castro de Montes Claros e os relativos á nova numeración das vivendas, tanto a dixital como a que se está levando a cabo nas parroquias.

Ademais, inclúese toda a programación cultural e deportiva que se organiza directamente desde o Concello.

Presupostos Protección social

No apartado de protección social e promoción do emprego, ao que se destina o 23 % do total, recóllense os gastos derivados de todos os equipamentos adscritos aos servizos sociais:

  • escola infantil
  • centro de día e fogar residencial
  • centros sociais
  • programas como o servizo de axuda no fogar e o Harmoniza
    fondo de emerxencia social
  • achega municipal para o Plan de Transporte Metropolitano
  • financiamento de iniciativas dirixidas a mellorar as capacidades profesionais dos cidadáns para facilitarlles a inserción no mercado laboral

Tamén, como principal novidade, o Alcalde apuntou que en 2023 o Concello impulsará un plan de reactivación do comercio local. Este plan está dotado con 40.000 euros en bonos e vales para que os cidadáns poidan financiar parte das súas compras nos establecementos do municipio.

Inversións

Por outro lado, o Goberno local tamén destaca o esforzo investidor dos presupostos. Así que 1,6 millóns de euros (o 16 %) do total, terá por destino a mellora de infraestruturas e equipamentos municipais.

Nesta líña, as catro actuacións contempladas nos presupostos son:

  • rehabilitación da antiga casa reitoral de Montemaior para convertela nunha infraestrutura moderna que funcionará como albergue xuvenil, centro de referencia para o sector primario e punto de encontro para a veciñanza
  • renovación do céspede sintético do campo de fútbol Municipal da Laracha
  • ampliación das instalacións do punto limpo ç
  • achega municipal para a cofinanciamento, xunto a Augas de Galicia, do proxecto de mellora da rede de abastecemento que prevé a creación dun novo depósito de cabeceira e dunha estación de bombeo de auga potable coas súas correspondentes canalizacións

Para rematar, no capítulo de persoal prevese o incremento do 2,5 % das retribucións actuais, toda vez que xa se actualizaran durante o ano en curso nun 1,5 %. Por tanto, o aumento será dun total do 4 % con respecto ao ano anterior, cumpríndose así co proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Tags: Concello de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Na Laracha, Concello e Xunta subvencionan casi setenta mil viaxes

Siguiente Noticia ➡️

Goberno e Arcebispado asinan a cesión da Casa Reitorial de Montemaior

Siguiente Noticia ➡️
convenio arcebispado laracha

Goberno e Arcebispado asinan a cesión da Casa Reitorial de Montemaior

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.