A proposta será no pleno do próximo venres 30 de xullo na Laracha
O próximo venres celebrarase a sesión ordinaria do Pleno correspondente ao mes de xullo. O goberno local da Laracha elevará asuntos que previamente serán sometidos aos ditames das correspondentes comisións.
Unha desas cuestións será a proposta de aprobación dun suplemento de crédito e un crédito extraordinario. O mesmo posibilitaría incorporar aos orzamentos municipais 236.546,70 euros para executar actuacións de interese xeral para a cidadanía larachesa como:
- Plan de mellora e mantemento da rede viaria municipal.
- Melloras na rede de abastecemento de auga.
- Ampliación do parque infantil da praza O Recreo da Laracha.
- Equipamentos para instalacións culturais e museos.
- Actuacións de mellora en instalacións deportivas.
- Adquisición de mobiliario urbano.
- Desenvolvemento do proxecto da nova numeración das vivendas nas parroquias.