jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Acordos no pleno de maio para mellorar a vida no municipio

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 6, 2021
in A Laracha
0
pleno ordinario maio Laracha

Pleno ordinario do mes de maio do Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
122
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

No Pleno ordinario celebrado en maio, a maior parte dos asuntos foron aprobados por unanimidade dos tres grupos municipais

A sesión plenaria de maio comezou coa lectura dunha declaración institucional en apoio ao mantemento na Coruña do Centro de Operacións de Redes de Naturgy. Xa inmersos nos puntos da orde do día, houbo pleno acordo para solicitar unha subvención nominativa á Deputación Provincial da Coruña. Trátase do proxecto de humanización e mellora da rúa José Manuel Ferreira Penedo. Así, darase continuidade a outras intervencións de similares características realizadas nos últimos anos en varias vías desa zona do casco urbano da Laracha. O investimento é de 100.000 euros a cofinanciar con fondos provinciais e municipais.

Tamén houbo acordo unánime na proposta de cambio de nome de dúas rúas de Paiosaco. Así, a rúa Feal pasará a denominarse Fernando Álvarez de Sotomayor e a rúa Rabadeira, Isidro Parga Pondal. O motivo é evitar posibles confusións.O Feal e A Rabadeira pasarán a incluírse no padrón de habitantes como núcleos da parroquia de Lestón no desenvolvemento do proxecto de recuperación de topónimos.

Axudas ao sectro comercial

Ademáis, se aprobou o suplemento de crédito por un importe total de 128.500 euros a financiar co remanente líquido de tesourería. Terá por finalidade afrontar os gastos derivados dos plans de axudas ao sector comercial. Desa cifra total, 67.500 euros destinaranse ao programa municipal para o fomento do emprego mediante o impulso da actividade económica para paliar os efectos da Covid-19. Outros 61.000 euros imputaranse na partida orzamentaria coa que se financiará a adhesión do Concello da Laracha ao convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Tamén, coa Consellería de Emprego e Igualdade para a concesión das axudas ao sector da hostalaría cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados. En virtude do mesmo, o Concello comprometeuse a complementar as subvencións do programa de apoio ao sector da hostalaría.

O acordo unánime repetiuse na aprobación da modificación do estudo de detalle da parcela que alberga o centro de día e fogar residencial públicos da Laracha. O obxecto deste trámite é a adecuación de certos parámetros urbanísticos ás determinacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O alcalde, José Manuel López Varela, explicou que se trata de “aproveitar ao máximo o espazo da parcela”.

Salientar, por último, a aprobación de tres mocións. Unha delas tivo por finalidade trasladar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a necesidade de priorizar o despregamento das redes de banda larga de internet e de telefonía nos núcleos de poboación do Concello da Laracha. Outra, prsentado polo Psoe, foi dirixida a levar a cabo iniciativas dirixidas a previr as ludopatías, especialmente na mocidade. Na última moción aprobada, levada polo Bng, manifestouse o rexeitamento da proposta do Goberno de España de cobrar polo uso das autovías.

Xunta de Goberno

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada tamén no mes de maio, acordouse solicitar a participación do Concello na convocatoria de subvencións da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. É para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga).

A través desta liña de axudas o Concello pretende crear un equipo de peóns para o desenvolvemento de servizos xerais municipais durante nove meses. O importe da subvención solicitada supera os 20.000 euros. Na sesión tamén se autorizou propoñer a participación na convocatoria de Augas de Galicia para a concesión de axudas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación.

Tags: Concello de Larachalaracha noticiassociedad
⬅ Noticia Anterior

Corte de subministro de auga o martes 8

Siguiente Noticia ➡️

Brigadas medioambientais na área verde no parque empresarial

Siguiente Noticia ➡️
actuación nas inmediaciones do parque empresarial de Laracha

Brigadas medioambientais na área verde no parque empresarial

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil