sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Aprobado no Pleno utilizar 719 mil euros do remanente para infraestructuras e equipamentos públicos

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 12, 2020
in A Laracha
0
pleno extraordinario Laracha

Pleno extraordinario noviembre na Casa da Cultura

0
COMPARTIDA
146
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Así foi acordado de xeito unánime no Pleno extraordinario celebrado hoxe na Casa da Cultura

Dentro dos asuntos do Pleno, a principal cuestión foi a proposta de aprobación inicial do expediente de crédito extraordinario-suplemento de crédito 02-2020. Permitirá dispoñer de 719.069,69 euros do orzamento líquido de tesourería como fonte de financiamento para executar actuacións de interese xeral.

As actuacións son as seguintes:

  • Mellora da rede viaria. Contémplanse diversas intervencións en vías rurais de todas as parroquias. Como actuacións máis destacadas están a renovación do pavimento no núcleo de Requesende (Golmar) e no cruce entre O Pereiro e Fragunde (Vilaño), así como a adecuación dos sobreanchos nas estradas dos núcleos de Arén, Sande e Trasande (Cabovilaño)
  • Ampliación da sinalización vertical tanto en núcleos urbanos como rurais
  • Expropiación dos terreos afectados polo Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo
  • Humanización de rúas en núcleos urbanos. Previstas intervencións de reparación de vías e beirarrúas en diferentes puntos de Caión, Paiosaco e A Laracha. Os principais proxectos son a ampla intervención prevista na rúa Silverio Moreda Alvariño da Laracha (inclúe pavimentación, beirarrúas e reordenación do tráfico con establecemento do sentido único de circulación) e a pavimentación da rúa José Loureiro de Paiosaco
  • Acondicionamento de parcelas de titularidade municipal, incluíndo a do viveiro de empresas do polígono industrial
  • Mellora das redes de saneamento. Proxectos en A Cacharra (Cabovilaño) e na rúa da Braña (Lestón)
  • Creación dunha área canina no núcleo urbano da Laracha
  • Mellora do complexo deportivo municipal da Laracha
  • Construción dun novo local no campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco
  • Renovación da parada de taxis da Laracha
  • Mellora do pavimento do campo da feira de Paiosaco
  • Melloras na iluminación pública (reposición de cableado e cadros eléctricos)
  • Renovación dos parques infantís da praza Maximino Canedo e da escola infantil da Laracha
  • Adquisición de mobiliario urbano
  • Mellora de puntos de contenerización e adquisición de colectores de residuos sólidos urbanos e amarres
  • Gastos financeiros

Transporte público bonificado

Outro dos asuntos aprobados polo Pleno foi a renovación do convenio do Plan de Transporte Metropolitano coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. O obxectivo esencial é continuar potenciando o uso do transporte público bonificando o prezo dos billetes dos autobuses urbanos e interurbanos. A vixencia do novo acordo ten unha duración de catro anos, cunha previsión anual de achega municipal de 13.040,61 euros. O convenio tamén contempla mellorar a calidade do servizo de transporte de viaxeiros con plans de renovación das marquesiñas e de ferramentas como a web do programa.

Ademais, unha vez superado o trámite de información pública, elevouse a definitiva aprobación do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais. O documento é froito do convenio de colaboración entre o Concello, a Xunta de Galicia, a Fegamp e a empresa pública Seaga. Trátase do establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias.

Salientar tamén que no Pleno o alcalde deu conta da clasificación das once ofertas presentadas no procedemento de contratación do servizo de axuda no fogar. A proposta de adxudicación será a de Siad21 Galicia S.L.

Situación sanitaria

Antes de entrar na orde do día o alcalde, José Manuel López Varela, informou sobre o contido da reunión mantida por videoconferencia esta mañá con responsables da Consellería de Sanidade e rexedores de municipios de Bergantiños e Soneira en relación á situación sanitaria actual. López Varela apuntou que A Laracha presenta a día de hoxe 17 casos activos con coronavirus, datos que considera “positivos” ao estar “nunha situación mellor que a maioría de municipios da comarca”.

Por iso agarda que o Comité Clínico da Xunta de Galicia, que se reunirá mañá, non acorde medidas preventivas específicas para A Laracha. Neste sentido mostrou o seu agradecemento “ao comportamento da poboación en xeral”. Animou á cidadanía a “non baixar a garda e a seguir sendo responsables na loita contra a covid”. Tamén expresou o se pésame en nome da Corporación municipal ás familias das persoas falecidas polo coronavirus.

Tags: coronavirusNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

Conmemoración del 25N con la campaña "Eu Implícome"

Siguiente Noticia ➡️

Hoxe, Venres Teatrais presenta "Bernarda"

Siguiente Noticia ➡️
Bernarda, obra panamorama galego

Hoxe, Venres Teatrais presenta "Bernarda"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil