O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou a Pedro Sánchez a necesidade dun peche ordenado das actividades económicas. O fixo logo de que o Goberno de España comunicase a decisión de adoptar medidas máis restritivas ante a pandemia do coronavirus
“Trasladeille ao Goberno central que non sería bo un peche abrupto de sectores económicos. Preocúpanos que dar ao botón de pausa poida ser dar o botón de apagado de moitas ou dalgunhas empresas. En definitiva, de moitos ou dalgúns postos de traballo”, dixo. Fixo fincapé no peche ordenado pero tamén na inquedanza que supón para as comunidades descoñecer con exactitude o alcance e contido das industrias que, van diminuír ou suspender a súa actividade.
Así mesmo, durante a videoconferencia co presidente do Goberno central e cos outros presidentes autonómicos, e no marco europeo, Feijóo expresou o desexo de que as propostas españolas frutifiquen no Eurogrupo. De xeito, que os sacrificios que se están a pedir ao conxunto dos cidadáns e das nacións sexa proporcionado á axuda e á solidariedade das medidas que adopte a Unión Europea. “A tal efecto, o Goberno central ten o noso apoio”, matizou, subliñando que Galicia cre nunha Unión Europea solidaria entre nacións do mesmo xeito que cre na España solidaria das comunidades.
Chegada de subministro sanitario da Xunta de Galicia
Además, do peche ordenado, ao longo do encontro, o titular do Executivo galego reiterou a necesidade de material sanitario, solicitando ao Goberno de España un calendario de entregas de subministración, para que cada comunidade poida organizarse. “Alegrámonos de que o presidente informase onte do material que España ten apalabrado ou contratado, pero é importante saber cando vai chegar ese material”, insistiu. Ademáis, lembró que a Xunta leva subministrado a 251 concellos de Galicia: 22.000 mascarillas, 10.000 traxes e 300.000 guantes. “Deste xeito, e co material que se entregará mañá (por hoxe), chegaremos ás 122.000 mascarillas, aos 25.000 traxes a aos 350.000 guantes”, confirmou. Isto será para o desenvolvemento de servizos como o de Axuda ao Fogar ou de Protección Civil.
“Seguiremos comprando material», asegurou, resaltando que Galicia recibiu unha nova partida de material sanitario da Xunta que ascende a máis de 700.000 mascarillas -500.000 compradas polo Sergas, 100.000 doadas por Inditex e outras 100.000 doadas por Grupo Caamaño-.
Curva epidemiolóxica
Nesta mesma liña, o responsable do Goberno galego reiterou a importancia de seguir facendo test masivos, así como coñecer a curva epidemiolóxica. “Sería moi útil para as comunidades coñecer cal é a previsión do Goberno de España, cal vai ser o pico de hospitalización e de UCI que imos ter nas comunidades”.
A modo de exemplo, Feijóo explicou que, ata o momento, Galicia recibiu do Goberno central: 220.890 mascarillas, 33.205 batas, 352.000 guantes, 13.400 pantallas e 1.776 desinfectantes. “Para facernos unha idea, o total das mascarillas chega para 4 días de consumo do Sergas, o total de batas chega para 1,7 días e o total de guantes non chega a un día de consumo”, precisou.
Doación e loxística de Inditex
Neste eido, Feijóo quixo facer unha mención ao labor que está a desenvolver a multinacional galega Inditex, non só pola subministración que está doando ao Sistema Nacional de Saúde e ao Servizo Galego de Saúde, senón tamén pola súa loxística e o seu transporte. “Sen os avións de Inditex a maioría do material que entrou en España estaría aínda nos aeroportos de China”, puntualizou, Y, ademáis agredeceu a implicación “dunha empresa galega global que está dando unha mostra mundial do que é un compromiso coa solidariedade, con España e con Galicia”. Así mesmo, referiuse a outras empresas que tamén están a doar material sanitario e asegurou que cando este chegue, o Executivo autonómico faraas públicas.