jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Limpeza e melloras no río e paseo fluvial do Anllóns

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
septiembre 8, 2020
in A Laracha
0
paseo fluvial Anllóns A Laracha

Alumnos do obradorio de emprego traballan no paseo fluvial do río Anllóns

0
COMPARTIDA
122
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

As cuadrillas medioambientais municipal interveñen no propio leito do río Anllóns para eliminar lixo e residuos vexetais

O paseo fluvial do Anllóns que bordea o río ten dous quilómetros e medio. Desde a área recreativa de Gabenlle ata a ponte do Formigueiro, constitúe un dos recursos sociais, medioambientais e turísticos máis destacados do municipio da Laracha. Trátase dunha infraestrutura de uso vecinal que tamén atrae visitantes. Ademáis, polo seu emprazamento e características presenta unha notable riqueza natural e paisaxística.

O Concello da Laracha está a executar desde o inicio do verán unha dobre intervención de mellora. Tanto no propio paseo fluvial como no seu entorno. O propósito é poñer en valor esta infraestrutura que non puideran mellorarse durante a primavera debido ao confinamento pola Covid-19.

Así, desde hai xa máis de dous meses a especialidade de carpintería de madeira do Obradoiro de Emprego A Laracha V está a actuar na renovación das táboas da pasarela peonil. Tanto das que conforman o espazo de circulación como as da balaustrada. Os dez alumnos traballadores da citada especialidade, acompañados polo persoal docente, centran neste punto a totalidade das súas actuacións. Alí, tamén conforman a parte práctica do seu aprendizaxe da profesión, a que é outra das bases fundamentais da organización deste programa du.

Obradoiro de Emprego e cuadrillas municipais

O importante volume dos traballos que se están a executar evidénciase nos datos económicos. O Obradoiro de Emprego A Laracha V conta con dúas especialidades: carpintería de madeira e pintura industrial- con dez alumnos traballadores en cada unha delas e cinco persoas que forman o equipo directivo, docente e administrativo. Os soldos do persoal e as obras, ascende a 863.000 euros. Máis da terceira parte, 302.000 euros, destináronse exclusivamente á adquisición do material para a renovación do paseo fluvial.

Por outra banda, as cuadrillas medioambientais municipais tamén están centrando a súa actividade no entorno do paseo fluvial. Neste caso no propio río. Os traballos que están a acometer consisten na limpeza integral do lixo e a retirada dos residuos vexetais especialmente troncos e árbores caídas. Esta época do ano, na que o río leva un menor nivel de auga, é a idónea para o desenvolvemento deste tipo de intervencións.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

Santa Margarida, A Silva e Golmar melloran suas estradas

Siguiente Noticia ➡️

Rehabilitación e mellora da accesibilidade en Gabenlle

Siguiente Noticia ➡️
área recreativa Gabenlle

Rehabilitación e mellora da accesibilidade en Gabenlle

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil