Unha dás últimas iniciativas do Psoe local é apostar pola dixitalización para retransmitir plenos municipais, reservar espazos deportivos e comunicarse cos veciños
Dende o grupo municipal do Psoe Laracha instan a instalar un sistema de vídeo e audio para a retransmisións dos plenos en directo «coma se fai nos plenos da Deputación de A Coruña, no Parlamento ou en concellos coma o de Ponteceso, Coristanco ou Arteixo». María Palomi Rodríguez, candidata das próximas eleccións locais, demanda «facilitar á cidadanía información pública sobre asuntos que lles compete relacionados coa vida municipal. Para iso esixe a retransmisión dos plenos a través de Internet», afirma.
Lembramos que no mes de novembro do ano 2020 o grupo municipal presentou unha moción para que se gravasen as sesións plenarias por streaming para:
- Desenvolver os mecanismos necesarios para a emisión en directo dos plenos da Corporación para que sexan accesibles á toda a veciñanza.
- Crear, na páxina web municipal, unha hemeroteca na que queden arquivadas as gravacións íntegras de todas as sesións para que poidan ser consultadas pola veciñas ou veciños en calquera momento.
No mesmo sentido, o Psoe local anuncia o seu compromiso de dixitalizar o sistema de reserva de pistas de pádel municipal. “As persoas usuarias desta instalación solicitáronnos en numerosas ocasións”. Palomi Rodríguez recalca que os medios técnicos actuais permiten a posibilidade de establecer un sistema de reservas dixital “sen que sexa preciso acudir de maneira presencial ou chamar a un teléfono de contacto». Engade que «A Laracha non pode quedarse atrás neste aspecto tecnolóxico».
Vías de comunicación cos veciños
Además, neste mesmo sentido, a candidata Palomi Rodríguez, abren dúas novas vías de comunicación «co obxectivo de achegar a política municipal a todos os veciños e veciñas do concello». Con esta finalidade, a súa oficina (situada na rúa Epifanio Campo n.º 12 bajo) manterase aberta todos os domingos de 12:00 a 13:30 horas, para poder recibir a todos os cidadáns sen necesidade de cita previa. Así, Rodríguez, mostra a súa «total dispoñibilidade cara á veciñanza, coa que quero compartir preocupacións e proxectos que afectan á vila».
Tamén,abre unha liña de wasapp no seu número persoal 636 439962 a través do que se poderán compartir informacións, queixas e suxestións. «Comprometémonos a aportar solucións e a contestarvos. Queremos que saibades que podedes contar co Partido Socialista do Concello de
Laracha”, subliña a candidata.