Rodríguez e seu equipo recollerá propostas dos sectores económicos, asociativo e veciñal para mellorar o programa electoral municipal
A Asemblea da Agrupación Socialista da Laracha escolleu por unanimidade a Palomi Rodríguez como candidata á Alcaldía do Concello nas eleccións municipais de maio de 2023. Rodríguez sinalou que o PSdeG-PSOE da Laracha xa ten «a vista posta nas eleccións. Traballaremos a diario para presentarlle aos nosos veciños e veciñas o proxecto progresista e socialista que necesita A Laracha”.
A Asemblea puxo en valor “o bo traballo realizado polo Grupo Municipal Socialista durante todo o mandato, con propostas e iniciativas formuladas para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”.
“Temos un equipo que traballa con moita ilusión. Iso a militancia o valora, o noso único obxectivo é mellorar a vida da xente, non temos ningún outro tipo de interese”, engadiu Rodríguez.
Durante as próximas semanas, os socialistas da Laracha recollerán as propostas e suxestións dos diferentes sectores económicos locais e do tecido asociativo e veciñal. O obxectivo é presentarse ás eleccións co mellor programa electoral para o concello.