As entradas ao festival poderán mercarse pola mañá no Concello ou a partir das 21:00 horas na propia Casa da Cultura a 5 euros
A oitava edición do Festival de Humor da Laracha abrirase hoxe co primeiro dos catro monólogos dos que consta o programa. Oswaldo Digón, un dos cómicos galegos de referencia no panorama actual, abre o cartel con Outra movida. Trátase dnha recompilación de contos baseados na súa propia vida. O show comezará ás 22:00 horas na Casa da Cultura da Laracha.
As entradas poden adquirirse ao prezo de 5 euros desde unha hora antes do inicio do espectáculo na propia Casa da Cultura ou ben durante a mañá acudindo ao Concello. Ademais, tamén permanecen á venda, ao mesmo prezo, os tickets para asistir aos monólogos de Xavier Deltell (sábado 14), Quico Cadaval (venres 20) e Carmen Alcayde (venres 27).
