viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Orzamentos municipais: increméntanse 313 mil euros para 2022

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 30, 2021
in A Laracha
0
pleno con aprobación de obras en el municipio de A Laracha

Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
55
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O proxecto de orzamentos foi sometido onte a ditame en comisión informativa e será elevado ao Pleno extraordinario que se celebrará o 7 de xaneiro

O grupo de goberno da Laracha presentou onte á Corporación municipal o proxecto de orzamentos para o ano 2022. O fixo na Comisión informativa permanente de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas para o seu debate, votación e, de ser o caso, aprobación, na sesión extraordinaria do Pleno do 7 de xaneiro.

O presuposto está equilibrado en gastos e ingresos e alcanza o importe de 8.618.000 euros, o que supón un incremento de 313.000 euros (3,77 %) con respecto ao exercicio anterior. Istoe é debido á maior participación nos ingresos do Estado e ao reforzamento nas achegas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña para o financiamento de programas de servizos sociais e de investimentos. Un ano máis, o goberno local manterá a súa política de conxelación de taxas e impostos municipais.

Este proxecto volve poñer o seu centro no benestar da poboación e no esforzo investidor. As contas, ten en conta a realidade e as necesidades do Concello e dos seus habitantes. Tamén reflejan a conxuntura actual e o crecemento social e económico que está a rexistrar A Laracha.

Destino do orzamento

Como dato significativo, máis do 20 % dos orzamentos (1.775.000 euros) terán por destino a protección social. Neste apartado inclúense as achegas municipais para servizos públicos:

  • escola infantil
  • centro de día e fogar residencial
  • centros sociais da terceira idade
  • servizo de axuda no fogar
  • programas de atención a dependentes
  • colectivos con necesidades especiais

Tamén está contemplada nesta área o gasto que asumirá o Concello en materia de promoción do emprego. Lembramos que actualmente está en marcha tanto o obradoiro dual de emprego A Laracha VII como o programa integrado de emprego, ambos co apoio da Xunta de Galicia.

Ademais, blíndanse as consignacións orzamentarias en preto de 450 mil euros para facer fronte ás axudas relativas a:

  • bolsas de estudos
  • adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado
  • fondo de emerxencia social
  • Plan de Transporte Metropolitano

No próximo exercicio económico volverase apostar por un alto volume de investimentos en infraestruturas públicas. Destinaranse 1.240.000 euros, o que supón preto do 15 % do total, para:

  • Capítulo 6 (investimentos reais), no que se recollen os proxectos de mellora da rede viaria en todas as parroquias
  • Capítulo 7 (transferencias de capital), que inclúe as achegas do Concello para o cofinanciamento coa Xunta de Galicia dos proxectos de construción da nova estación de tratamento de auga potable e de humanización de rúas no entorno do recinto feiral de Paiosaco.

O capítulo máis amplo é o relativo a gastos en bens correntes e servizos, que se sitúa próximo aos cinco millóns de euros e supón máis do 57 %. Sen embargo, minórase a súa importancia tanto absoluta como relativa con respecto ao exercicio anterior debido ás novas licitacións dos principais contratos de servizos municipais levadas a cabo en 2021. Neste capítulo tense en conta o incremento do prezo das fontes enerxéticas e consígnanse os créditos necesarios para avanzar na escavación arqueolóxica e posta en valor do Castro de Montes Claros e no proxecto de recuperación de topónimos nas parroquias, incluíndo tanto a numeración das vivendas como a dixital.

No apartado referido ao persoal, prevese o incremento máximo do 2 % das retribucións contemplado no proxecto de Lei de orzamentos xerais do Estado para 2022 e, tamén, a retribución da antigüidade do persoal laboral que está a ser obxecto de negociación coa representación sindical.

Estes presupostos serán a folla de ruta da acción do goberno local durante o ano 2022, que continuará caracterizándose por ofrecer a máxima cobertura en servizos e programas públicos para a cidadanía, así como pola mellora das infraestruturas e equipamentos con visión de presente e futuro e, ao mesmo tempo, mantendo o compromiso de non aumentar a presión fiscal á poboación larachesa.

Tags: Concello de Larachaempleosociedad
⬅ Noticia Anterior

Torneo Aberto de Billarda mañá en Paiosaco

Siguiente Noticia ➡️

Dous días de Cabalgata dos Reis por todas as parroquias

Siguiente Noticia ➡️
Reis Magos en A Laracha

Dous días de Cabalgata dos Reis por todas as parroquias

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil