viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Aprobados os orzamentos municipais para 2022

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
enero 8, 2022
in A Laracha
0
orzamentos municipais A Laracha 2022

O Pleno da corporación da Laracha aprobou os orzamentos municipais 2022

0
COMPARTIDA
43
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

As taxas e impostos municipais permanecerán conxelados porque “bastante teñen xa os cidadáns con asumir o incremento do IPC, electricidade e carburantes”.

Os orzamentos municipais para o exercicio económico 2022 foron aprobados onte na sesión extraordinaria do Pleno celebrada na Casa da Cultura. As cifras totais sitúan o presuposto –equilibrado en gastos e ingresos- nos 8.618.000 euros. A cifra supón 313.000 euros máis que o ano anterior cun incremento do 3,77 % motivado pola maior participación nos ingresos do Estado. Tamén polo reforzamento nas achegas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña para o financiamento de distintos programas. As contas tiveron os votos a favor do grupo de goberno (Partido Popular), a abstención do grupo municipal socialista e os únicos votos en contra dos dous concelleiros do Bloque Nacionalista Galego.

O alcalde, José Manuel López Varela, comezou agradecendo o labor do persoal adscrito ao departamento de intervención pola elaboración dos orzamentos. Lembrou que “son previsións iniciais ás que se irán facendo ao longo do ano as modificacións correspondentes segundo as necesidades que se presenten”.

Aos servizos sociais destinanse 1.775.000 euros, o que supón o vinte por cento do total dos orzamentos. O alcalde destacou o reforzamento dos servizos como o de axuda no fogar “para que ninguén quede sen atención e poidan recibila todas as persoas que a precisen”.

Eficiencia enerxética e infraestructuras

Os capítulos 6 (investimentos reais) e 7 (transferencias de capital) deben entenderse como un único. A cantidade de 1.240.000 euros que suman entre ambos irá íntegra á mellora de infraestruturas públicas. Por unha banda están os máis de 834.000 euros consignados para actuacións na rede viaria das trece parroquias do municipio. Por outra, as achegas municipais para o cofinanciamento coa Xunta de Galicia dos proxectos de construción da nova estación de tratamento de auga potable e de humanización de rúas no entorno do recinto feiral de Paiosaco.

Neste apartado de investimentos, o alcalde mostrou a súa preocupación polo retraso no pagamento por parte do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) das achegas correspondentes para o financiamento dos proxectos de mellora da eficiencia enerxética xa concluídos. Detallou que o Concello adiantou 1,2 millóns de euros. Pero “a día de hoxe non se ingresou nin un céntimo das subvencións concedidas, o que está a supoñer un importante problema de tesourería” para as arcas municipais.

Promoción de emprego

En relación á promoción do emprego, actualmente o Concello da Laracha ten en marcha, co apoio da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, tanto un obradoiro dual de emprego como un programa integrado de emprego, e que “imos continuar no futuro por esa liña”.

López Varela concluíu facendo referencia á conxelación de taxas e impostos como outro piar fundamental da xestión do grupo de goberno: “seguiremos prestando todos os servizos aos laracheses cos prezos máis económicos posibles. «Xa bastante teñen os cidadáns con asumir os incrementos do IPC, da electricidade e dos carburantes”, engadió.

Ademais dos orzamentos, na sesión plenaria tamén foron aprobados a creación e inclusión na relación de postos de traballo dunha praza de auxiliar administrativo adscrita á unidade de rexistro, padrón e atención ao público do departamento de Secretaría e Administración Xeral. Contó con a abstención do BNG e os votos a favor do PSOE e grupo de goberno. Así mesmo, aprobouse o recoñecemento do complemento de antigüidade ao persoal laboral fixo, indefinido e temporal mediante o sistema de trienios, tal e como fora negociado previamente coa representación sindical –neste caso, por unanimidade dos tres grupos-.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Asociación Santa María de Torás, primer premio no Concurso de Panxoliñas

Siguiente Noticia ➡️

O 23 de febrero poderase renovar o DNI na Laracha

Siguiente Noticia ➡️
proxectos de empleo A Laracha

O 23 de febrero poderase renovar o DNI na Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil