jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Orzamento municipal do 2021: 8.305.000 euros

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 23, 2020
in A Laracha
0
presupuestas Laracha 2021

Aprobouse os orzamentos 2021 con votos en contra do Psoe e Bng local

0
COMPARTIDA
71
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe na Laracha, aprobou o orzamento 2021 con votos en contra de Psoe e Bng

O Concello da Laracha terá un orzamento de 8.305.000 euros en 2021, o que supón un incremento de 70.000 euros con respecto ao anterior. Así foi aprobado hoxe polo Pleno cos votos a favor do grupo do goberno (Partido Popular) e o posicionamento en contra dos edís dos grupos socialista e nacionalista.

O alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu o labor “dos servizos económicos municipais, especialmente do departamento de intervención, que posibilitou traer os orzamentos ao Pleno antes de final de ano. Y que A Laracha sexa un dos primeiros Concellos da provincia en aprobalos”.

O rexedor municipal apuntou que neste exercicio, pola situación epidemiolóxica actual, “temos que ir con moitísima prudencia nos ingresos”, baseados no realmente recadado para o caso dos impostos e nos compromisos de ingresos que existen doutras administracións. Neste sentido incidiu en que “a política tributaria seguirá sendo a de conxelación das taxas e o mantemento dos impostos municipais nos tipos mínimos que permite a lexislación” co obxecto de non aumentar a presión fiscal á veciñanza.

Cobertura social

López Varela afirma que o orzamento mostra que “as persoas están no centro da política municipal”, tanto polo anteriormente exposto como pola cobertura social, xa que a cuarta parte, máis de dous millóns de euros, están consignados para políticas sociais e a promoción do emprego. Tamén se manterán as convocatorias de subvencións para estudantes, tanto as axudas á escolarización como para a adquisición de material informático, ás que o Concello destina un total de 75.000 euros.

O rexedor apuntou que “a evolución da pandemia as súas consecuencias é o que máis nos preocupa”. Por iso lembrou que no exercicio actual 405.000 euros foron destinados ao apoio económico directo ao tecido empresarial.

O alcalde considera que “estes son os mellores orzamentos que se poden presentar nestes momentos”, nos que se garante a atención das necesidades do Concello tanto na prestación de todos os servizos de competencia municipal (principalmente, axuda no fogar, recollida de lixo, iluminación, ciclo da auga, limpezas de instalacións públicas e mantemento da rede viaria) e o mantemento en bo estado das infraestruturas como nas retribucións do persoal laboral e funcionariado. Este último capítulo presenta un lixeiro aumento debido ao incremento das retribucións previsto no proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 e tamén pola incorporación desde principios de ano de persoal interino para o desenvolvemento de proxectos vinculados ás medidas derivadas da loita contra a pandemia.

Infraestructuras

O capítulo de investimentos reais en infraestruturas alcanza os 863.000 euros, sendo as actuacións máis importantes a creación dunha pista de skate na parte posterior do IES Agra de Leborís ante “o aumento das persoas que practican esta modalidade deportiva, especialmente entre a xuventude” e a mellora da rede viaria, actuacións que o rexedor considera que “tamén son investir no pobo e na calidade de vida da cidadanía”.

López Varela insistiu en que “os orzamentos 2021 son un documento vivo e aberto a modificacións”. Por iso agarda que “aumenten ao longo do ano tanto por transferencias doutras administracións como pola incorporación de remanentes”, o que permitiría incrementar as cifras e realizar máis programas sociais, poñer en marcha novos servizos e acometer actuacións de investimento. Por iso lembrou que “o pasado ano aprobamos uns orzamentos de algo máis de oito millóns de euros e, tralas variacións aplicadas, pecharase en máis de dezaseis millóns”.

O alcalde tamén se referiu ao apoio económico ás entidades culturais e deportivas previsto nas contas e ao mantemento das subvencións nominativas á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, á Asociación de Comercio ACSIL e á Confraría de Pescadores de Caión, neste caso para cooperar cos gastos do mantemento do museo do Arquivo da Pesca.

Por último, López Varela adiantou que o Concello vén de aprobar o expediente de expropiación dos terreos que albergan a carballeira de San Fins (Montemaior) e que nos próximos días está previsto aprobar o relativo ás parcelas nas que se sitúa o menhir de Erboedo. Tamén apuntou que nos orzamentos está consignada unha partida económica para servizos arqueolóxicos sobre a posta en valor do Castro de Montes Claros.

Convenio coa Xunta e a Fegamp

O Pleno aprobou por unanimidade a adhesión do Concello ao convenio coa Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a tramitación dos procedementos sancionadores relacionados co coronavirus cando os incumprimentos das medidas de prevención se detecten en ámbitos de competencia municipal.

En virtude dese acordo, o Concello terá acceso á asistencia técnica e material por parte da Xunta de Galicia para unha xestión máis áxil e óptima dos trámites necesarios. Este convenio estará vixente ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria en Galicia.

pleno da corporación A Laracha
Pleno ordinario, novembro 2020
Tags: Concello de Larachaeconomía socialNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Entrega de premios na Casa da Cultura

Siguiente Noticia ➡️

Expropiación das fincas que albergan a carballeira de San Fins en Montemaior

Siguiente Noticia ➡️
parroquias de Montemaior A Laracha

Expropiación das fincas que albergan a carballeira de San Fins en Montemaior

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil