jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

O Concello abre a oficina virtual tributaria da Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 22, 2022
in A Laracha
0
oficina virtual laracha
0
COMPARTIDA
63
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O concello da Laracha abre a oficina virtual tributaria que permite relizar 18 trámites en liña.

O Goberno local vén de poñer en funcionamento, na sede electrónica municipal, a Oficina Virtual Tributaria do Concello. Segundo fontes municipais «os obxectivo son prestar aos laracheses servizos de forma máis eficaz e continuar impulsando a administración sen papel que axiliza e simplifica os procedementos e as relacións entre os cidadáns e profesionais co Consistorio naqueles trámites relacionados co pagamento de taxas e impostos«.

Ademais a Oficina Virtual Tributaria foi deseñada para que o contribuínte localice a información do seu interese dun xeito áxil e intuitivo. Esta circunstancia favorece o entendemento do trámite que «desexamos levar a cabo e minimiza o risco de erros na súa xestión«, engaden.

Así, todos os procedementos dispoñibles de autoliquidación das taxas e impostos poden ser completados ao cento por cento en liña a través da pasarela de pago. Tamén se ofrece a posibilidade de obter o documento co código de pagamento para aboar posteriormente nunha entidade bancaria.

O catálogo dixital contempla un total de dezaoito trámites, entre os que se atopan os relacionados coas acometidas ás redes de saneamento e abastecemento; expedición de documentos administrativos (dereitos de exame, certificación catastral, contratos administraticos, etc); vaos; terrazas dos locais de hostalería; postos de venda no campo da feira de Paiosaco; licencias de apertura de establecementos; licencias urbanísticas; e recollida de lixo.

Tamén se permite o abono das actividades culturais e deportivas, así como da taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais (pavillóns e pistas de pádel), aínda que nestes casos requírese formalizar previamente no Concello a correspondente inscrición ou reserva.

Por último, tamén poden realizarse simulacións sobre importe do imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) en relación ao custo do proxecto a executar.

Para acceder á Oficina Virtual Tributaria pinchar AQUÍ

Tags: laracha noticiasNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

"Nao-Cetáceos. Baleas. Faros e Navíos da Cota da Morte"

Siguiente Noticia ➡️

O Nadal ten premio na Laracha

Siguiente Noticia ➡️
concurso postais nadal laracha

O Nadal ten premio na Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil