jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

A oficina de Turismo volve á Casa do Concello

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
octubre 2, 2020
in A Laracha
0
oficina de turismo A Laracha

A oficina de información turística volve a Casa Consistorial onde estará dispoñible de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas

0
COMPARTIDA
73
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Durante os meses de agosto e setembro a oficina prestou servizo en Caión donde atendeuse a 231 persoas

O Concello trasladou o servizo municipal na oficina de información turística dende Caión ás dependencias da Casa Consistorial. Estará dispoñible de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas. A oficina estivo operativa nos meses de agosto e setembro en Caión. Nese período atendeu a 231 persoas. A maioría delas procedía de diversos puntos do territorio español, principalmente de Madrid e zonas de Galicia. Únicamente 5 dos usuarios foron estranxeiros orixinarios de Francia ou Alemaña.

Por norma xeral, o perfil medio dos turistas que acudiron a Caión foron parellas, familias con nenos e tamén grupos reducidos de amigos. A estancia media foi de entre dez e doce días. As principais motivacións para escoller o Concello da Laracha como punto de destino foi a seguridade e tranquilidade. Pero tamén, os entornos naturais, a gastronomía e a práctica de actividades deportivas como o sendeirismo e o surf.

Disfrutar en familia

Do Concello da Laracha destacan a gran extensión do municipio e os lugares de lecer axeitados para disfrutar deles en familia, como a praia de Caión e a área recreativa de Gabenlle. Tamén valoran a bandeira azul e as moitas opcións que teñen na Laracha para dar paseos a pé. Por tanto, ponse de manifesto que neste ano os turistas procuraron lugares abertos e ao aire libre para gozar das súas vacacións. Para chegar ata o municipio o automóbil particular foi o transporte máis utilizado. A  autocaravana é o medio de aloxamento que presenta un maior crecemento.

As preguntas máis frecuentes dos usuarios referíronse á Costa da Morte, á cidade da Coruña, aos horarios das misas dos Milagres de Caión e ás opcións de rutas de sendeirismo. Ademais, unha das consultas máis recorrentes foi informarse sobre o modo de rexistro da visita a Galicia na web do Servizo Galego de Saúde, medida de control sanitario imposta pola Xunta de Galicia debido á crise do coronavirus.

Riqueza paisaxística

En Caión, lugar no que se situou a oficina de turismo, os visitantes que acudiron á vila por primeira vez valoraron a riqueza paisaxística do entorno, a praia e o paseo marítimo. Tamén destacaron as rutas deseñadas pola realizar a pé pola vila e agradeceron que a Igrexa Parroquial da Nosa Señora do Socorro estivese aberta a diario.

Como as visitas máis curiosas están a dun mozo alemán que percorría a pé a costa para chegar á cidade da Coruña e, desde aló, facer o Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Tamén a dunha parella de Cádiz que deseñaban unha ruta entre A Coruña e Malpica. En ambos casos acudiron á oficina para solicitar información e buscar un selo para certificar a súa estancia en Caión.

Tags: Concello de Larachalaracha noticiasNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

128 habitantes máis na Laracha desde marzo

Siguiente Noticia ➡️

Cooperación en iniciativas municipais a través de voluntariado xuvenil

Siguiente Noticia ➡️
voluntariado xuvenil

Cooperación en iniciativas municipais a través de voluntariado xuvenil

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil