jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Reforzo da seguridade viaria no centro da Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
febrero 9, 2022
in A Laracha
0
seguridade viaria no centro da Laracha

Traballos para reforzar a seguridade viaria na Laracha

0
COMPARTIDA
124
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello reforza a seguridade na confluencia da Avenida Fisterra coa rúa Silveiro Moreda

Para reforzar a seguridade viaria, o Concello da Laracha estableceu recentemente o sentido único de circulación na rúa Silverio Moreda do núcleo urbano da Laracha. Agora, o acceso permite é soamente pola Avenida Fisterra en dirección á Avenida de Caión, con saída xunto á igrexa parroquial. A actuación incluíu o ancheamento das beirarrúas, ademais de conservarse as prazas de estacionamento a ambas marxes.

Dado que dito proxecto afecta á confluencia dunha rúa municipal cunha estrada autonómica (Avenida Fisterra é o tramo urbano da AC-552), foi precisa unha autorización. Así, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, requiriu a execución dunha actuación complementaria para facilitar o tránsito e reforzar a seguridade.

Dita intervención na Avenida Fisterra está a ser executada nestes momentos. Consiste na creación dun carril central de agarda para xirar á esquerda sen interromper o tráfico. Por outra banda, súmase o traslado do paso de peóns uns metros para situalo despois do cruce. Neste último caso, ademais do marcado do paso de cebra tamén foi preciso adaptar a beirarrúa e mover iluminación pública e sinalización vertical.

Local municipal da Insua

Na Xunta de Goberno Local celebrada recentemente acordou solicitar a cooperación económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia para o cofinanciamento do proxecto de mellora exterior do local municipal da Insua, Caión.

A intervención deseñada polo Concello da Laracha contempla a renovación das fachadas exteriores e está valorada nuns 25.000 euros. A solicitude de subvención faise ao abeiro da convocatoria de axudas do Instituto de Estudos do Territorio para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia.

Ademais, tamén se acordou solicitar a participación no programa de subvencións da Deputación da Coruña para o financiamento da contratación dun axente de igualdade. As súas funcións centraríanse na organización, planificación, intervención e realización de proxectos. Os mesmos, orientados a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.

Tags: CaiónConcello de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

Mellora da estrada entre Bos Aires e O Pereiro na Laracha

Siguiente Noticia ➡️

Novos cursos do programa municipal de actividades

Siguiente Noticia ➡️
cursos actividades municipales concello da Laracha

Novos cursos do programa municipal de actividades

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil