jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Obras de mellora da estrada entre Bos Aires e O Pereiro

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 1, 2021
in A Laracha
0
obras mellora aA Laracha

Visita do alcalde as obras en A Laracha

0
COMPARTIDA
59
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

As obras facilitarán os accesos ao CEIP Otero Pedrayo para o transporte escolar, vehículos particulares e peóns

As obras do proxecto de mellora da estrada que comunica os lugares de Bos Aires e o Pereiro xa están en marcha. Así o puideron comprobar o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, nunha visita realizada ao lugar das Calzadas.

A actuación está contemplada no Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo. Facilitará os accesos ao colexio de maior entidade do termo municipal tanto para os autobuses do transporte escolar como aos vehículos particulares. Tamén, a aquelas persoas que acoden ao centro a pé. Ademais, mellorará as comunicacións cara o castro de Montes Claros e a igrexa de Vilaño. O proxecto inclúe a ampliación da plataforma da calzada desde os 4,5 metros actuais ata os 10,60 metros que presentará unha vez finalicen as obras. Nese espazo habilitaranse un carril para cada sentido de circulación, senda peonil diferenciada e separada do ámbito para os vehículos, espazo de aparcamento nunha das marxes e arcén.

En total a superficie afectada é de 8.140 metros cadrados. Así mesmo, incluiranse melloras na rede de pluviais e a correspondente sinalización horizontal e vertical. O proxecto está valorado en máis de 243.000 euros e será financiado integramente con fondos propios municipais.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

A carballeira de San Fins xa é de titularidade municipal

Siguiente Noticia ➡️

Xornadas de Billarda en Cerceda e Culleredo

Siguiente Noticia ➡️
Xornadas de Billarda en Cerceda e Culleredo

Xornadas de Billarda en Cerceda e Culleredo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil