domingo, julio 13, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Obradoiro de Redeiras en Caión

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 12, 2025
in A Laracha, En Portada
0
Obradoiro de Redeiras en Caión
0
COMPARTIDA
2
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello retoma as actividades do proxecto O mar de Caión: Un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro, iniciativa que busca favorecer o desenvolvemento local, potenciar o turismo e poñer en valor o patrimonio ambiental e cultural do noso litoral.

No marco deste programa o venres 27 de xuño a partir das 18:00 h realizarase no Centro Sociocomunitario de Caión un novo obradoiro de redeiras no que os asistentes poderán ampliar os seus coñecementos sobre as artes de pesca e este senlleiro oficio que loita por dignificarse e que non caia no esquecemento.

No ano pasado xa se realizara outra iniciativa similar, pero destinada ao público infantil.

Desde os dazaseis anos

Desta volta diríxese a adultos a partir dos 16 anos de idade. O obradoiro, cunha duración estimada de hora e media, será impartido pola Federación Galega de Redeiras “O Peirao”, ofrecendo unha oportunidade única para coñecer de preto un oficio tradicional vinculado á cultura mariñeira galega.

As redeiras mostrarán as súas técnicas e as persoas asistentes poderán aprender a tecer redes e comprender a importancia deste labor na conservación do patrimonio mariñeiro.

Para poder participar requírese inscrición previa, que é gratuíta, chamando ao teléfono 981604328 ou enviando un correo electrónico cos datos persoais a turismo@alaracha.gal.

O obradoiro de redeiras está incluído dentro do proxecto O mar de Caión: Un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro, que conta cun orzamento total de 77.000 euros e está financiado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do GALP da Costa da Morte, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Fondo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

Tags: CaiónConcello de LarachaNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Xunta e Concello invisten na empregabilidade da veciñanza

Siguiente Noticia ➡️

A oficina de información turística de Caión abre o martes

Siguiente Noticia ➡️
oficina turismo caión

A oficina de información turística de Caión abre o martes

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil