A deportista do Club Salvamento Acuático da Laracha, Noelia Loureiro, participou no campionato nacional de Distancias Cortas
«A nosa deportista Noelia Loureiro fixo un récord de España na proba de 50 metros socorrista no Campionato de Distancias Cortas en Valladolid», informan orgullosos desde o Club SAL. A entidade da Laracha participó no evento con sete deportistas no complexo Parquesol de Valladolid.
A expedición das categorías xuvenil, junior e absoluta participaron, xunto a deportistas chegados de diferentes puntos de España e de Europa no III Campionato de España Xuvenil, Junior e Absoluto de Distancias cortas – Spanish Short Course Championship.
Todos os deportistas
Desprázanse os xuveniles Lucía Añón Sánchez, Luis Negreira Mariño e Anxo López Rey. De categoría junior Álvaro Hidalgo Peón e Nerea Mallo Martínez e os deportistas absolutos Pablo Amado Villar e Noelia Loureiro Serrano. Estiveron acompañados polo adestrador do clube, Borja Diez García.
O sábado día 4 pola mañán participaron nas eliminatorias de 50 m natación con obstáculos, 50 m combinada de salvamento e 50 m socorrista, co obxectivo de entrar nas finais das mesmas.. Nesta primeira xornada tamén participaron nas probas de equipos 4×25 m natación con obstáculos absoluto e 4×25 m relevo socorrista mixto absoluto.
Na xornada do domingo 5 competiron a nivel individual en 100 m supersocorrista, 25 m remolque manequín e 50 m remolque de manequín con aletas tentando tamén meterse nas finais da xornada de tarde. As probas de equipos desta segunda xornada do Campionato foron 4×12,5 m remolque manequín absoluto e 4×25 m relevo combinado absoluto.