sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

O Psoe da Laracha propón darlle visibilidade as mulleres creadoras

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
febrero 24, 2022
in A Laracha
0
Palomi Rodríguez PSOE Laracha

Palomi Rodríguez é a candidata a alcadía do Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
106
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Palomi Rodríguez defende “garantir a igualdade de oportunidades para que as mulleres teñan máis presenza na oferta cultural”

O Grupo Municipal Socialista da Laracha quere estender a celebración do Día Internacional das Mulleres máis aló do 8 de marzo. Por este motivo presentará, no próximo pleno, unha moción para poñer en marcha un programa anual de actividades. O obxetivo é promover a igualdade no eido da produción cultural. A portavoz municipal do Psoe local, Palomi Rodríguez Castiñeira, lembra que “o Concello debe tomar medidas non só para promover a produción cultural entre a veciñanza. Tamén, para garantir a presenza equilibrada de homes e mulleres na oferta cultural pública”.

A proposta de visibilidade contempla a creación dun ciclo de oito actividades gratuítas, unha no día 8 de cada mes, entre marzo e outubro de 2022. Incluiría diferentes disciplinas como teatro, literatura, pintura, escultura a arte ou o cinema, entre outras. Rodríguez Castiñeira indica que “lograriamos sacar á luz novos talentos con actividades moi diversas, equilibrando a presenza en todas as áreas ou manifestacións culturais”. A portavoz, anima ao goberno municipal da Laracha, ademais, a buscar a colaboración da Universidade da Coruña e outras institucións públicas para sacar adiante este proxecto.

Compromiso coa igualdade

Distintos estudos constataron, nos últimos anos, a escasa presenza das mulleres artistas en feiras e museos, a pesar de ser maioría, por exemplo, nas escolas de Belas Artes. Esta circunstancia ten o seu reflexo tamén en teatros, cines, concertos, festivais e demais espazos escénicos, onde a representación feminina segue a ser minoritaria.

“A exclusión da muller no relato artístico é un problema de base e require unha constante atención por parte do goberno municipal e do Concello no seu conxunto”, en opinión da concelleira. Ademais, defende que a posta en marcha do programa “sería un bo exemplo do traballo transversal dos distintos departamentos municipais e da inclusión da perspectiva de xénero nas súas decisións e proxectos”.

Tags: culturaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Comenza a mellora do núcleo do Outeiro

Siguiente Noticia ➡️

Informar a seus propietarios sobre parcelas que incumplen a normativa de xestión de biomasa

Siguiente Noticia ➡️
obrigatoriedade de limpeza en fincas

Informar a seus propietarios sobre parcelas que incumplen a normativa de xestión de biomasa

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil