sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Mellora da estrada entre Bos Aires e O Pereiro na Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
febrero 9, 2022
in A Laracha
0
Mellora da estrada entre Bos Aires e O Pereiro na Laracha

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto visitaron as obras na estrada

0
COMPARTIDA
74
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O obxectivo da intervención na estrada é facilitar os accesos cara o CEIP Otero Pedrayo

A execución do proxecto de mellora da estrada que enlaza os núcleos de Bos Aires e O Pereiro avanza a bo ritmo. Esta completa intervención que está a executar a empresa Construcciones López Cao ten un orzamento de 243.000 euros e finánciase integramente con fondos municipais. O proxecto forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo. O mesmo facilitará os accesos ao colexio tanto de transporte escolar como de vehículos particulares e das persoas que acoden ao centro a pé. Tamén, mellorarase as comunicacións desde esa zona cara outros puntos próximos da parroquia de Vilaño como son o castro de Montes Claros ou a praza da Areosa, na que se sitúan a igrexa de Santiago e o centro sociocultural.

O proxecto prevé a ampliación da plataforma da calzada en seis metros máis. Nese espazo habilitaranse carrís para cada sentido de circulación, senda peonil e tamén, espazo de aparcamento nunha das marxes e arcén. En total a superficie afectada é de 8.140 metros cadrados. Así o puideron comprobar o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto visitando as obras.

A fase inicial das obras xa está completada tras realizarse movemento de terra e a explanación do terreo sobre o que se ampliará a calzada. Nestes momentos as obras céntranse na instalación das canalizacións soterradas dos diferentes servizos. Inclúe renovacións das tubaxes das redes de saneamento de augas residuais e recollida de pluviais. Tamén se comezou a realizar o acopio do material para a construción dos bordillos. Posteriormente realizarase a pavimentación e a correspondente sinalización horizontal e vertical para aumentar a seguridade viaria.

Máis actuacións

Cabe lembrar que ademais, o Concello ten proxectada outra ambiciosa actuación co dobre obxectivo de mellorar os accesos cara o CEIP Otero Pedrayo desde a estrada AC-552 a través rúa José Añón. Trátase de aumentar a superficie vinculada ao centro para albergar novos equipamentos deportivos e educativos que complementen aos existentes. Recentemente completouse o procedemento de expropiación dos 13.761 metros cadrados de superficie afectada, no que o Concello investiu máis de 82.000 euros.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

Xunta e A Laracha cooperan para mellorar o entorno do campo da feira de Paiosaco

Siguiente Noticia ➡️

Reforzo da seguridade viaria no centro da Laracha

Siguiente Noticia ➡️
seguridade viaria no centro da Laracha

Reforzo da seguridade viaria no centro da Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil