miércoles, enero 27, 2021
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Medidas restrictivas en A Laracha, Carballo e Santa Comba

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
septiembre 3, 2020
in A Laracha
0
128 novos habitantes na Laracha

Os novos habitantes do Concello súmanse a franxa de entre 40 e 49 anos

0
COMPARTIDA
199
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello local informa medidas propias. A Laracha e catro concellos máis ven ampliadas as restriccións nos distintos sectores na sociedade

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou onte, a decisión da establecer medidas e restricións nos concellos de A Laracha, Carballo, Santa Comba, Ourense e Santiago de Compostela:

  • Limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-.
  • Número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas.
  • Redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.
  • Reducción en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado, entre outros.
  • Peche dos centros de día e residencias.

O titular da carteira sanitaria da Xunta de Galicia explicou que estas –publicadas no DOG– entran en vigor desde as 00:00 horas da pasada medianoite. Ademais, apuntou, a posible ampliación ou redución deste conxunto de medidas será revisado dentro dunha semana.

Sobre o peche dos centros de día e residencias, Almuiña explicou que nas vindeiras datas, manterá unha reunión coa Consellería de Política Social. É para elaborar un protocolo máis estrito sobre o seu funcionamento e réxime de visitas.

Tendo en conta estas restricións, o Concello da Laracha celebrará mañá unha comisión de seguimento ante a Covid-19 na que se tomarán unha serie de decisións ao respecto, entre as que cabe salientar:

  • Suspensión de todos os actos culturais e recreativos das Festas dos Milagres de Caión. Ademais, unha vez postos en contacto co párroco de Caión, acordouse que as misas previstas inicialmente no Santuario dos Milagres celebraranse na súa totalidade na Igrexa Parroquial e cumprindo estritamente o aforo máximo do 50% da capacidade.
  • A feira de Paiosaco do próximo domingo limitarase á venda de produtos de alimentación e do campo. Os postos outorgaranse por orde de chegada e deberán ser instalados baixo supervisión municipal. O recinto permanecerá valado e controlaranse os accesos para cumprir o aforo máximo.
  • A praia de Caión e a área recreativa de Gabenlle permanecerán abertas ao público, pero coa restrición xeral dun máximo de dez persoas por grupo.

Do mesmo xeito que desde que xurdiu en marzo a alerta sanitaria, o Concello da Laracha lembra unha vez máis que está á disposición da cidadanía para asistir, atender e acompañar a aquelas persoas que estean afectadas pola Covid-19 e ás súas familias, poñendo á súa disposición medios materiais e humanos e sempre cumprindo estritamente os protocolos de seguridade e a confidencialidade establecida na lei de protección de datos.

Así mesmo, lémbrase que os datos de casos activos son competencia exclusiva das autoridades sanitarias e ofrécense por áreas sanitarias. Por último, desde o Concello da Laracha solicitamos a colaboración cidadá para o cumprimento destas novas restricións para a prevención da Covid-19.

Máscaras obligatorias

Ademais, outra das novas medidas establecidas será o uso obrigatorio da máscara en ximnasios, unha medida, que o comité clínico valora facer extensible ao resto da comunidade.

Cómpre destacar que, no caso de celebracións como vodas, bautizos e comuñóns, non poderán superar o 50 % do aforo do salón de banquetes nin o número máximo de 50 persoas para lugares pechados e de 100 persoas no caso de celebrarse en espazos ao aire libre, se ben este apartado da norma non entrará en vigor até o vindeiro luns, polo que non afectará aos eventos previstos para estar fin de semana.

A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, procura agora acoutar ao máximo a expansión do virus. Restrinxindo e regulando determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

Outros concellos

Durante a súa intervención, Almuiña tamén fixo referencia á situación epidemiolóxica no Concello de Lugo. Apuntó que a vista da súa evolución, o comité clínico aconsella manter polo de agora as medidas que están en vigor desde o pasado venres. Do mesmo xeito, os concellos da Coruña, Cambre, Culleredo, Oleiros e Arteixo, tamén verán prorrogada a vixencia das limitacións establecidas por Sanidade.

Finalmente, e ante a evolución estable dos datos, o comité de expertos sanitarios acordou levantar as limitacións nos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral e Sada, que desde esta mesma medianoite voltan adoptar as mesmas medidas co resto dos concellos da área sanitaria da Coruña.

Tags: Concello de LarachacoronavirusNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

"Animamos a nuestros amigos, vecinos y clientes a seguir luchando por nuestro futuro y el de nuestros jóvenes"

Siguiente Noticia ➡️

Galicia: un destino y un Camino seguros

Siguiente Noticia ➡️
Turismo Galicia

Galicia: un destino y un Camino seguros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • Todos los martes, con Isabel García
    Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.