Ricardo Carvalho Calera é o homenaxeado más dixital de todos os que integran a nómina da celebración
Galicia intensifica os seus recursos online para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o 17 de maio. Xa é o homenaxeado máis dixital de todos os que integran a nómina do Día Grande das Letras Galegas.
O impacto derivado da Covid-19 propicia que as ferramentas e materiais conmemorativos deseñados pola Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coas numerosas empresas, entidades e institucións que participan na programación. Moitos deles, reformulados e ao abeiro da campaña #aculturasegue, gañen espazo en Internet e nas redes sociais. O Portal da Lingua Galega ofrece en aberto para a súa consulta e descarga de balde numerosos materiais aos que irá sumando outros durante os vindeiros días.
Así, atópase o web Carvalho Calero 2020, impulsado pola Agal en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística do Goberno galego. Ofrece cumprida información sobre a biografía e obra do autor, como o acceso a recursos dixitais deseñados tamén no marco desta colaboración, como unidades didácticas para o ensino primario e secundario. Tamén, referencias ás edicións bibliográficas conmemorativas, fotografías que ilustran a súa vida e traxectoria e descarga da imaxe icónica orixinal, especialmente deseñada para a celebración deste Ano Carvalho Calero 2020 que a entidade e a Xunta poñen a disposición de toda a cidadanía.
Material dixital
Desde este web e tamén desde o Portal da Lingua Galega poderanse ver e descargar en formato dixital os materiais que configuran o proxecto expositivo A voz presente, promovido pola Agal en colaboración coa Xunta de Galicia. É para difundir a dimensión artística, humana e lingüística de Ricardo Carvalho Calero e poñer en valor e resituar a súa figura e o seu legado. Unha exposición que iniciará, ata decembro, a itinerancia en puntos de Galicia e no Concelho de Viana do Castelo (Portugal) en canto as restricións da Covid-19 o permitan.
Outro web, carballocaleroenlugo.org, feito polo Colectivo Egeria e do Colexio Fingoi, homenaxea e divulga a figura do autor e a súa estadía na Cidade da Muralla entre 1950 e 1965. Coa exposición Don Ricardo de Fingoi, desde agora tamén en formato dixital para superar as barreiras impostas pola Covid-19 ata poder continuar a súa itinerancia por diferentes espazos expositivos de Galicia. Tamén o portal institucional da RAG ofrece unha entrega diaria da serie Unha palabra para don Ricardo. Un conxunto de minipezas audiovisuais arredor da figura de Carvalho Calero a través desta canle e das redes da institución, coa colaboración do Executivo autonómico, e que tamén serán difundidas pola CRTVG.
Fotografías representativas
Para alén disto, o Portal da Lingua Galega loce xa desde febreiro unha das fotografías máis representativas do 2020, a de Carvalho Calero na compostelá Praza da Quintana, tirada por Moncho Rama. A ela hanse sumar o xogo de seis caricaturas de Siro que Política Lingüística porá tamén a disposición de toda a cidadanía, a serie de seis vídeos de divulgación arredor da figura do ferrolán. Feitas por Xan Leira e Acuarela Comunicación e o novo libro Ricardo Carvalho Calero da colección As miñas primeiras Letras Galegas impulsada por Edicións Bolanda en colaboración coa Xunta.
Ademáis, coincidindo co 17 de maio, o Foro Enrique Peinador e a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IRGADE) inundan de novo as redes co cancelo #etiquetadosengalego. Lema da campaña Valoremos o noso. Con acento propio, dirixida tanto a empresariado como a consumidores e orientada a poñer en valor o produto etiquetado na nosa lingua e mais o seu consumo.
Certames, festivais e citas na rede
No marco da programación conmemorativa, os departamentos de Política Lingüística e Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta, estrean o novo certame Lingua de rapear. É para apoiar a creatividade e dinamizar a lingua nos usos e espazos de interese para a mocidade.
Máis certames xa en marcha son os de Feiraco coa colaboración da Consellería: IX Certame de Relatos Breves Feiraco, inspirados na frase Á sombra daquel carballo centenario… e I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020. Destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. As bases, prazos de participación e premios xa figuran nas redes sociais da cooperativa agrogandeira galega.
E os festivais tamén toman as redes para festexar a lingua galega e homenaxear a Carvalho desde o exterior.Como o coñecido Festival Internacional Kerouac Poesía e Performance, que organiza un encontro dixital a través da plataforma Zoom. Será retransmitido por Facebook e YouTube Live hoxe, 17 de maio, ás 18,00 horas. Presentado por Marcos de la Fuente, convida a artistas galegos e representantes do mundo da cultura en Estados Unidos a sumarse á celebración das Letras Galegas.
‘Vai de Letras’
A Consellería do Mar, pola súa banda, realizará dentro da campaña Vai de Peixe, de promoción do consumo de produtos do mar entre os millennials galegos. Un concurso de relatos curtos en galego baixo o nome de Vai de Letras. Esta acción está dirixida ás mozas e mozos de entre 18 e 35 residentes en Galicia. Para participar nela deberán completar este texto de inicio: “Queremos a vida como queremos o peixe, sen espiñas, pero…”. Una proposta de non máis de 150 palabras, a maiores do texto de inicio, ao que poderán acceder a través das redes sociais e da web de Vai de Peixe.
Os relatos deberán estar escritos en lingua galega e xirar arredor da temática desta campaña. O prazo de participación rematará o día 28. Na selección do gañador valorarase a orixinalidade, calidade lingüística e de redacción e a aproximación á temática. A persoa premiada recibirá un lote de libros e un teléfono móbil intelixente. Todos os detalles do concurso poden consultarse nas bases legais de Vai de Letras, no web https://vaidepeixe.xunta.gal.
Recursos, ferramentas e divulgación desde o ámbito educativo
Os centros educativos atopan un ano máis en lingua.gal os recursos elaborados polo profesorado dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, que, desta volta, permitirán traballar desde a casa a figura de Carvalho Calero en todos os niveis educativos preuniversitarios, sen esquecer o alumnado con necesidades específicas. Xa están dispoñibles as dúas mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020, que ofrecen cadanseus 10 carteis explicativos da vida e da obra do autor acompañados de unidades didácticas. A estas únense as unidades elaboradas desde Escolas Católicas; as actividades, tanto imprimibles como interactivas, do Seminario Galán; os materiais audiovisuais, como videopoemas, pequenos documentais feitos polo alumnado e ata o xa clásico telexornal do CPI dos Dices, con entrevistas a expertos e persoas próximas a don Ricardo; xogos de taboleiro, pasapalabras e mesmo salas de escape para aprender xogando; e tamén concursos, como o II Certame de podcasts Xosé Mosquera Pérez ou o de marcapáxinas do IES San Clemente.
Tamén o espazo universitario internacional LiberQuaré, Familias Mundi e a Fundación polo Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (FUNDHESGA), co apoio de Política Lingüística, organizan o evento Cápsulas Solidarias Xa abriu o día. Letras Galegas no Ano Carvalho Calero. Trátase da emisión seis vídeos nos que se convida á lectura de obras literarias galegas e se divulga o coñecemento do autor a quen este ano se lle dedica o 17 de maio.
A Letras celébrase no exterior
Os centros de estudos galegos (CEG) que a Xunta de Galicia sostén en universidades de tres continentes, algunhas das actividades serán adiadas ata outubro. Nas mesmas datas elixidas pola RAG para a celebración da festa da lingua tributo a Ricardo Carvalho Calero. Con todo, son varios os CEG que optaron por trasladar a celebración de maio a Internet programando videoconferencias sobre Carvalho Calero a través de distintas plataformas. Tamén exposicións virtuais acerca da súa vida e obra -no Algarve, Barcelona…- ou mesmo unha sala de escape en liña centrada na muller na literatura galega (Zadar). No Portal da Lingua Galega tamén se pode ler xa un número especial da revista de poesía en Madrid Olga, impulsada polo CEG da Universidade Complutense, dedicado a don Ricardo.
Biblioteca de Galicia
A Biblioteca de Galicia tamén formará parte das celebracións dixitais do Día das Letras Galegas a través da incorporación no seu portal dun microsite. Se incluirán todos os artigos e poemas que publicou Ricardo Carvalho en diferentes cabeceiras da prensa galega e que se atopan dixitalizados. Deste xeito, darase un acceso máis directo a estas pezas que o escritor foi publicando ao longo da súa vida.