jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Acordos pola nova normalidade: a piscina municipal reabrirase o 1 de xullo

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 11, 2020
in A Laracha
0
Piscina municipal Laracha nova normalidade

Piscina municipal da Laracha en nova normalidade

19
COMPARTIDA
142
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Dentro da nova normalidade se atopa o apoio ao comercio, a conciliación persoal e laboral e reabrir as instalacións deportivas municipais da Laracha

Na sesión de hoxe da reunión da comisión municipal de seguimento do Covid-19, tomáronse unha serie de acordos encamiñados á nova normalidade. Céntranse no apoio ao sector comercial, a conciliación persoal e laboral das familias con nenos e reabrir as primeiras instalacións deportivas municipais.

Así, revisouse o borrador das bases que rexerán o plan de fomento do emprego promovido polo Concello da Laracha, dotado inicialmente con 220.000 euros. Incluirá axudas para autónomos e pequenas e medianas empresas prexudicadas pola crise sanitaria. O Concello dará traslado de dito documento aos grupos políticos da oposición. A próxima semana convocará unha xunta de portavoces para que poidan presentar as súas achegas. Será o paso previo á publicación das bases e á apertura do prazo para que as persoas e pemes que cumpran os requisitos poidan solicitar beneficiarse desta liña de subvencións municipais.

Por outra banda, no camiño a nova normalidade, acordouse fixar no mércores 1 de xullo a reapertura do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha, incluíndo tanto a zona de auga como o ximnasio. Recentemente, o equipo de goberno mantivo unha reunión coa empresa concesionaria da xestión para consensuar esa data e establecer os protocolos de seguridade que deberá cumprir tanto o persoal ao cargo do complexo como os seus usuarios.

Conciliación persoal e laboral

Ademais, avanzouse que no mes de xullo tamén regresará o servizo de aula lúdica municipal co obxectivo de facilitar a conciliación persoal e laboral das persoas que teñen ao seu cargo nenos de entre 3 e 12 anos de idade. Tamén con ese mesmo propósito o Concello porá en marcha un programa municipal de actividades culturais e deportivas centrado en propostas para o público infantil e que se levará a cabo nos meses de xullo e agosto.

Por último, acordouse que a partir do martes 16 de xuño reincorporaranse ao seu posto de traballo de xeito presencial e diario os empregados municipais despois de varias semanas nas que se estableceran quendas de asistencia e teletraballo. A atención presencial no Concello seguirase facendo con cita previa ao número 981 605001, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Tags: Concello de LarachaNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Tres recoñocementos ambientais para o Concello da Laracha

Siguiente Noticia ➡️

Cuidar la boca durante la pandemia

Siguiente Noticia ➡️
Cuidados de la boca

Cuidar la boca durante la pandemia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil