jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Reunión da comisión de seguimento do Covid-19 no Concello da Laracha

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
marzo 26, 2020
in A Laracha
0
Reunión da comisión de seguimento do Covid-19 no Concello da Laracha
191
COMPARTIDA
804
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

No Concello da Laracha celebrouse esta mañá unha reunión da comisión de seguimento ante o Covid-19. Participaron o alcalde José Manuel López Varela; os catro edís con áreas de xestión delegadas José Ramón Martínez, Rocío López, Patricia Bello e Jesús Souto; o xefe da Policía Local e a secretaria municipal. Na reunión, analizáronse diferentes cuestións e medidas  a adoptar en cada departamento nos próximos días ante a crise do coronavirus.

No relativo aos tributos municipais, acordouse o aprazamento do cobro do imposto sobre vehículos de tracción mecánica de acordo coa Deputación da Coruña, encargada da xestión da recadación. O período de pagamento voluntario, que por norma xeral se abría en maio, retrasarase nesta anualidade. Ademais, estudouse a posibilidade de reducir a parte proporcional da taxa do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos polo tempo que estean parados a aqueles comercios e empresas obrigados a cesar a súa actividade.

Asemesmo, acordouse instar á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a estudar a posibilidade de propoñer a diminución ou aprazamento no cobro doutros tributos municipais para que ditas medidas poidan tomarse de xeito coordinado en toda Galicia.

Apoio ao pequeno comercio da Laracha dende a pastelería Canela & Pimienta, local socio de ACSIL

A comisión de seguimento tamén analizou a situación coas empresas que teñen a concesión dos servizos municipais que están paralizados.

Desinfección de rúas e contedores

O Concello está a actuar na limpeza e desinfección de espazos públicos por dúas vías diferentes. Unha empresa de desinfección especializada acude dúas veces por semana aos puntos máis concorridos dos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, centrándose especialmente no entorno do centro médico, entidades bancarias, supermercados e establecementos de venda de alimentos e infraestruturas municipais como o edificio administrativo.

Tamén, dous equipos de Protección Civil actúan continuadamente na desinfección das rúas das tres vilas e tamén na limpeza dos contedores de recollida de residuos sólidos urbanos tantos na zona urbana como na rural. Neste sentido, infórmase que non deben pecharse as tapas dos contedores que estean abertas, xa que os servizos de recollida e desinfección as deixa así para evitar o contacto por parte dos usuarios.

Servizos sociais operativos

Os servizos sociais municipais continúan operativos con turnos permanentes de dúas persoas para atender as necesidades da poboación. Outra das medidas adoptadas polo Concello e que xa se está a levar a cabo é entregar vales de compra de alimentos ás familias con necesidades e baixos recursos económicos. A comisión de seguimento también acordou que aquelas persoas que se atopen nesa situación poden solicitar esta axuda municipal, que deberá ter a valoración positiva dos técnicos do departamento de servizos sociais para a súa concesión.

Tamén está a disposición da cidadanía o servizo de atención psicosocial. Ademais, aquelas persoas que non poidan saír das súas vivendas ou que estean aisladas poden solicitar que Protección Civil lles leve a compra ou as medicinas ata o seu domicilio.

En todos os casos, as persoas interesadas deben chamar ao 981612811, que é o teléfono de contacto dos servizos sociais.

Material de protección entregado pola Xunta de Galicia

O Concello agradece á Xunta de Galicia a entrega dunha partida de material de protección composto por 600 guantes, 105 mascarillas quirúrxicas e 36 traxes individuais de protección. Trátase do primeiro lote cedido ao Concello desde outras administracións e será posto de inmediato a disposición dos equipos de Protección Civil, dos traballadores dos servizos de recollida de residuos e de limpeza viaria e tamén do persoal municipal do departamento de servizos sociais.

Protección Civil da Laracha na desinfección de contedores de lixo na zona rural como A Fraga, parroquia de Soandres
Tags: coronavirusNoticias de Larachasaludsociedad
⬅ Noticia Anterior

Primavera atípica para los alérgicos al polen

Siguiente Noticia ➡️

El Concello de Laracha recuerda medidas de seguridad a todos sus vecinos

Siguiente Noticia ➡️
axudas para A Laracha

El Concello de Laracha recuerda medidas de seguridad a todos sus vecinos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil