jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Irmandamento entre A Laracha e Les Sables d´ Olonne

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 27, 2022
in A Laracha
0
Les Sables Olonne e Laracha

Alcaldes coa presidenta do Comité de Irmandamento francés

0
COMPARTIDA
112
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Actualízase o acordo rubricado con Olonne sur Mer trala súa fusión con outros dous municipios

O Concello da Laracha xa está irmandado con Les Sables d’Olonne despois da sinatura do acordo no Centro de Congresos da localidade francesa polos dous alcaldes, José Manuel López Varela e Yannick Moreau.

O acto contó coa presenza de representantes do Comité de Irmandamento francés -que está presidido por Martine Girardeau-, e a delegación larachesa ao completo, composta por representantes municipais, alumnos e profesora do departamento de francés do IES Agra de Leborís e membros da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco, cuxo grupo instrumental amenizou o evento coa súa actuación.

Cabe lembrar que este irmandamento é a actualización do asinado no verán de 2010 entre A Laracha e Olonne sur Mer. En 2019 fíxose efectiva a fusión, baixo a denominación Les Sables d’Olonne, dos tres antigos municipios franceses que formaban o País de Olonne: o propio Olonne sur Mer, Sables d’Olonne e Château-d’Olonne, que agora forman unha entidade única de máis de 45.000 habitantes. Esta circunstancia implicou a necesidade de constituír con carácter oficial o novo irmandamento, que agora xa é efectivo.

Festa dos Irnandamentos

A data para a sinatura coincide coa celebración da Festa dos Irmandamentos que se está a realizar nestes días e no que participan os municipios de Murat (Francia), Worthing (Inglaterra), Schwabach (Alemaña) e Gourcy (Burkina Faso), tamén irmandados coa mesma localidade francesa que A Laracha. Na axenda de actos celebrados nestes días realizouse un desfile con representantes de cada concello. Tamén se procedeu ao descubrimento da placa coa que se bautizou co nome de A Laracha un paseo situado na propia vila de Les Sables d’Olonne.

O programa rematará hoxe coa saída da Golden Globe Race, a carreira en barco sen escala, sen electrónica e en solitario que partirá desde Les Sables. O Concello da Laracha participará como convidado e terá un posto no que se realizará unha exposición de produtos e imaxes tanto da Laracha como da Costa da Morte e de Galicia en xeral.

Alcaldes na sinatura do irmandamento
Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Convocatoria bolsas de estudos municipais

Siguiente Noticia ➡️

Os centros sociais da terceira idade reabrirán no mes de setembro

Siguiente Noticia ➡️
pleno con aprobación de obras en el municipio de A Laracha

Os centros sociais da terceira idade reabrirán no mes de setembro

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil