jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

O Pleno do venres tratará o destino dos fondos POS+ 2022

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
febrero 2, 2022
in A Laracha
0
proxecto presentado a Xunta polo Concello da Laracha

Casa do Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
61
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Con cargo ao POS+ o Concello da Laracha percibirá da Deputación da Coruña un total preto de 820.000 euros

Na sesión ordinaria do Pleno que se celebrará este venres a principal cuestión a tratar será proposta do goberno local para destinar os fondos do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único Concellos) POS+2022. O asunto foi sometido hoxe ao correspondente ditame en Comisión Informativa.

Con cargo ao POS+ o Concello da Laracha percibirá da Deputación da Coruña un total de 819.627,71 euros divididos en tres achegas con diferentes finalidades:

  • 423.382,43 euros destinaríanse a obras de investimento
  • 293.515,02 serían para gasto corrente
  • 102.730,26 euros corresponden ao POS+ Adicional para o financiamento de gastos sociais extraordinarios

Actuacións de investimento

Así, os proxectos que o goberno local ten previsto financiar con cargo á achega para obras de investimento céntranse na mellora da rede viaria municipal con actuacións contempladas nas seguintes parroquias:

  • Lendo: núcleos de O Canle, O Cruceiro Novo (inclúe mellora da rede de pluviais) e Samiráns.
  • Torás: núcleos de A Portela e A Barreira e estrada entre a Avenida de Caión e O Campo.
  • Vilaño: núcleos de os Meáns e O Formigueiro e estrada desde A Botica ata O Pino.
  • Montemaior: núcleo de O Raño e estrada entre A Baiuca e A Pena.
  • Cabovilaño: núcleos de A Braña e O Cancelo.
  • Coiro: núcleos de O Coto e As Meneiroas.
  • Lestón: estrada desde A Rabadeira ata O Igrexario.
  • Erboedo: núcleo de Paredes.
  • Soandres: núcleos de Borreiros e Curros.
  • Golmar: núcleo de O Igrexario
  • Soutullo: núcleos de O Vilar, Os Bidueiros e A Abeleira

Ademais, o Plan complementario, que ten natureza de reserva e a súa finalidade é poder investir os créditos procedentes no caso de que a Deputación da Coruña acordase unha maior achega para o POS+ ao longo do exercicio 2022, tamén quedaría definido. Ten un orzamento total de 374,338,92 euros e inclúe actuacións nas parroquias de Lemaio (A Fontaíña e Proame), Erboedo (San Paio e O Igrexario), Coiro (A Ferrulleira), Golmar (As Talladas), Montemaior (O Penedo, A Carballa Redonda e Adrán) Soutullo (estrada entre Groba, da parroquia de Golmar, e O Vilar do Boi), Torás (estrada entre Riotorto e a vía provincial DP 0513), Lestón (Os Currais) e Caión (Cima de Vila).

POS+ Adicional

Como se detallou previamente, coa achega de 102.730,26 euros do POS+ Adicional financiaríanse gastos sociais extraordinarios que asumirá o Concello ao longo deste ano. As tres áreas ás que o goberno da Laracha proporá destinar ditos fondos son a ampliación do servizo de axuda a domicilio en todas as súas modalidades, reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais municipais e o aumento da dotación das partidas económicas destinadas ás axudas de emerxencia para persoas e familias en situación de risco de exclusión social para asegurar a cobertura das necesidades básicas.

Tags: CaiónPaiosacorural
⬅ Noticia Anterior

Cen persoas participarán no programa integrado de emprego en 2022

Siguiente Noticia ➡️

Unanimidade en todos os puntos da orde do día do Pleno

Siguiente Noticia ➡️
unanimidad votos en Laracha

Unanimidade en todos os puntos da orde do día do Pleno

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil