Icono del sitio El Diario de A Laracha

8º Festival de Humor en maio na Casa da Cultura da Laracha

octavo festival de humor en A Laracha

Nova edición do Festival de Humor na Laracha

Xavier Deltell, Carmen Alcayde, Oswaldo Digón e Quico Cadaval forman parte do cartel do festival

O Concello renova a súa aposta por ofrecer espectáculos cómicos de alta calidade na oitava edición do Festival de Humor. Trátase dun programa xa consolidado como un dos grandes referentes nas propostas culturais municipais da primavera. E regresa despois da pausa de dous anos motivada pola pandemia.

Nesta edición volverase contar cun cartel de luxo. Como en ocasións anteriores, estamos ante un festival moi completo, con shows de calidade incuestionable e variados para achegarse a todos os públicos. As entradas sairán á venda mañá, martes 26 de abril, e poderanse adquirir no Concello ao prezo reducido de 5 euros por cada espectáculo.

Calendario de presentacións

Salir de la versión móvil