sábado, septiembre 23, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Nova edición da feira de Horticultura

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 3, 2023
in A Laracha, En Portada
0
horticultura 2023 paiosaco
0
COMPARTIDA
5
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A Feira de Horticultura ten como obxectivo poñer en valor os produtos de horta e o labor dos profesionais do sector.

A Feira de Horticultura 2023 alcanza a súa 6ª edición. O domingo 6 de agosto Paiosaco acolle a edición 2023. Nesta edición tamén hai un show cooking e sortearanse agasallos entre os asistentes.

O domingo 6 de agosto, Paiosaco acolle a sexta edición da Feira de Horticultura, evento consolidado xa na programación estival do Concello da Laracha que se marca como propósito poñer en valor os produtos de horta da zona e o labor dos profesionais do sector.

Neste sentido, o evento foi presentado hoxe no Concello polo alcalde, José Manuel López Varela, xunto á concelleira de Promoción Económica, Rocío López, e membros das asociacións que colaboran na organización: A Terriña e Horta do Noroeste.

Tamén asistiron representantes de empresas e entidades que estarán presentes na Feira de Horticultura, como o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte, o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa e o Polo de Emprendemento Costa da Morte que compartirán un dos catorce postos.

Os outros stands serán para horticultores da Laracha e outros municipios próximos como Carballo, Arteixo, Coristanco e Cerceda. Un deles destinarase á plataforma de venda online Kibus precisamente co propósito de poñela en contacto cos produtores para crear sinerxías entre eles. E tamén haberá espazo para a xeadería Mmmm! Xeados, que sorprenderá con algunhas das súas elaboracións, e para Acastrexa, empresa centrada na elaboración de conservas.

O rexedor municipal comezou a súa intervención agradecendo a todos os colaboradores e participantes, “tanto aos que se incorporan neste ano e aos que levan participando desde a primeira edición”. López Varela destacou “o valor engadido” de celebrar este evento “aproveitando a feira de Paiosaco, xa que o seu motor é o produto local” e tamén o programa de eventos, que presenta novidades pero sempre coa mesma fin de “reforzar a produción de horta no Concello”.

Rocío López detallou as actividades que se van levar a cabo durante a xornada. Os postos estarán abertos ao público desde as 9:30 horas e ata que remate a feira. Entre as 11:30 e as 13:30 horas haberá un show cooking con degustación para os asistentes no que a chef Beatriz Sotelo realizará as súas elaboracións precisamente con produtos de horta doados polos propios profesionais asistentes.

Ademais, haberá sorteos de agasallos entre as persoas que se acheguen durante a mañá.

Postos na Feira de Horticultura

  • Concello da Laracha
  • Asociación de Produtores Horta do Noroeste
  • Asociación A Terriña
  • Horta Baldaio – A Despensa que Pensa
  • Entreverdes
  • Verxel Galego
  • Apropaco
  • Hortalizas Añón Pardiñas
  • Verduras Chelín
  • Show cooking de Beatriz Sotelo
  • Acastrexa
  • GDR Costa da Morte – EFA Fonteboa – Polo de Emprendemento Costa da Morte
  • Galia by Kibus
  • Mmmmh Xeados!
Tags: laracha noticiasNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Visitas guiadas e andaina ao museo dos Muiños de Golmar

Siguiente Noticia ➡️

Renovación do pavimento no núcleo de Paredes

Siguiente Noticia ➡️
pavimento erboedo

Renovación do pavimento no núcleo de Paredes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.