jueves, mayo 22, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Conclúe o procedemento de expropiación de terreos

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
marzo 4, 2021
in A Laracha
0
expropiación de terreos para obras no Otero Pedrayo

Os terreos son para equipamento do entorno do CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha

0
COMPARTIDA
229
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello da Laracha concluirá os días 8 e 9 de abril a expropiación de terreos para proceder ao pagamento

A Xunta de Goberno Local acordou fixar os días 8 e 9 de abril como as datas nas que se citará aos actuais propietarios dos terreos afectados pola primeira fase de ampliación dos equipamentos do CEIP Otero Pedrayo. Desta forma procederase ao pagamento da expropiación e ao correspondente levantamento das actas previas á ocupación, dándose apor concluído o procedemento.

O Concello inviste 43.7078,96 euros na adquisición dos 2.696 metros cadrados de superficie repartidos en catorce parcelas. Elas están afectadas polo proxecto de mellora dos accesos cara o centro de ensino e reforzamento da seguridade viaria na zona. Consiste na ampliación da estrada entre Bos Aires e As Calzadas, dando continuidade á mellora da vía -xa realizada- entre O Pereiro e As Calzadas. O ancheamento da plataforma da estrada permitirá dispoñer de máis espazo para facilitar a circulación en ambos sentidos. E, especialmente importante para os autobuses do transporte escolar. Tamén, para habilitar prazas de estacionamento e crear unha senda peonil para reforzar a seguridade tamén das persoas.

O proxecto está valorado en 245.000 euros. Están consignados nos orzamentos e proceden integramente de fondos propios municipais. De xeito simultáneo, o Concello licitará nos próximos días o proxecto co propósito de avanzar no procedemento de contratación. A idea é iniciar as obras á maior brevidade unha vez se dispoña dos terreos afectados polas mesmas.

Contratación de persoal

A Xunta de Goberno Local tamén acordou solicitar a participación do Concello en diferentes programas convocados por outras administracións dirixidos á contratación de persoal. Á Consellería de Emprego e Igualdade solicítase unha achega para a contratación dun técnico en orientación laboral por un período de doce meses. Á subvención solicitada á Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten por finalidade contratar durante catro meses un técnico especialista en arquivos e patrimonio documental.

Ao abeiro do programa da Deputación da Coruña para limpeza de praias marítimas, preséntase unha solicitude para contratar nove persoas durante un período de tres meses para prestar servizo no areal de Caión ao longo da temporada estival.

Licenza urbanística

Por último, salientar que foi concedida a licenza urbanística para a construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de A Botica, na parroquia de Vilaño.

Tags: CaiónNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

A Policía Local propuxo para sanción a 18 persoas

Siguiente Noticia ➡️

La prisión del silencio de David Collazo Dubra

Siguiente Noticia ➡️
libro La prisión del silencio

La prisión del silencio de David Collazo Dubra

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil