sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

O Concello contratará 40 persoas durante o verán para servizos xerales

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 5, 2020
in A Laracha
0
persoas con empleo na Laracha

Imaxe de arquivo

41
COMPARTIDA
215
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Ademais xa está presentada a oferta na oficina de emprego para a contratación de persoas a través do programa APROL Rural

A chegada da época do verán implica a necesidade de poñer en marcha ou reforzar determinados servizos municipais por cuestións de seguridade cidadá. Iso ocorre co antemento en bo estado de zonas verdes e dos espazos públicos en xeral, prevención de incendios e atención aos turistas e visitantes. Cada ano por estas datas o Concello da Laracha convértese nun importante xerador de emprego por servizos. Nesta ocasión serán corenta as persoas que está previsto contratar para prestar servizos de interese xeral durante os próximos meses.

Os procedementos que están en fase de selección son os correspondentes ás sete persoas que formarán a cuadrilla municipal de obras e servizos no marco do Plan de Emprego Local (PEL 2020). E tamén as dez das brigadas contra incendios e o técnico que estará á fronte das oficinas de turismo municipais.

Ademais, xa está presentada a oferta na oficina de emprego para a contratación, a través do programa APROL Rural, de catro efectivos para formar os equipos de protección e conservación medioambiental.

Nesa mesma situación está o procedemento de contratación de dous socorristas para a praia de Caión. Así, sumaríanse aos seis máis o coordinador que comezarán a prestar os seus servizos no areal nos próximos días. Será a través da empresa que resultou adxudicataria do contrato licitado polo Concello.

Máis postos de traballo

Ademais, as cuadrillas municipais de limpeza de praias contarán neste ano cun total de sete efectivos. O procedemento de selección iniciarase nos próximos días.

O Concello tamén ten previsto reforzar os servizos sociais municipais coa incorporación dun novo traballador social. Nestes momentos estanse a redactar as bases do procedemento.

Salientar tamén que o Concello convocará tres bolsas de emprego para os postos de peón de instalacións deportivas, auxiliar de centros da terceira idade e auxiliar de biblioteca. Nestes casos co propósito de crear as listas para substitucións puntuais dos funcionarios titulares desas prazas.

Tags: Concello de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

A Feira das Cereixas recupera a actividade pero sen eventos festivos

Siguiente Noticia ➡️

Obras na rede de abastecemento de auga en Golmar e Vilaño

Siguiente Noticia ➡️
obras abastecemento auga Laracha autorizado por la Xunta de Galicia

Obras na rede de abastecemento de auga en Golmar e Vilaño

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil