viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Mapeo do Castro de Montes Claros

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 5, 2024
in A Laracha, En Portada
0
drons motes claros

O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil Rocío López, coñeceron de primeira man a intervención realizada cunha visita ao Castro de Montes Claros onde mantiveron un encontro co equipo de arqueólogos do proxecto Hinterland

0
COMPARTIDA
10
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Arqueólogos do CSIC mapean o Castro mediante o emprego de sensores montados en drons.

O Castro de Montes Claros continúa sendo obxecto de actuacións que están a levar a cabo o equipo de arqueólogos do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), centro pertencente ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Nesta ocasión o traballo consistiu en mapear tanto o xacemento como a súa contorna mediante o emprego de dous tipos de sensores montados en drons.

Mapa en 3D

O sensor LIDAR é un láser que realiza o varrido do terreo desde o aire producindo un mapa en 3D da superficie. Aporta un grande detalle xa que recolle 500 puntos por cada metro cadrado, cada un deles coas correspondentes coordenadas e, por tanto, cunha alta precisión.

Isto permite obter unha topografía de alta calidade do terreo na que se aprecian ata as mínimas variacións na superficie, o que pode indicar a existencia de estruturas
arqueolóxicas. LIDAR tamén ten a vantaxe de que co seu láser pode traballarse con eficiencia en zonas arboradas ou con vexetación se non é moi densa.

O outro sensor empregado foi o multiespectral, que se asemella a unha cámara fotográfica e que é capaz de capturar a radiación infravermella que non é visible para o ollo humano. Dita radiación é absorbida polas plantas de xeito variable, e grazas a ela pódense apreciar os lugares nos que o cultivo ou a herba presentan menor vigorosidade, o que tamén pode ser un indicador da presenza de estruturas arqueolóxicas soterradas.

Aínda que o éxito deste sensor depende de moitas variables, os investigadores agardan que poida achegar información de interese.

Estas intervencións complementan á prospección xeofísica realizada meses atrás dentro do proxecto Hinterland. Os resultados de todos estes traballos definirán as zonas de maior interese para executar novas actuacións arqueolóxicas máis detalladas no próximo outono, sempre coa colaboración do Concello da Laracha.

Tags: laracha noticiasNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Novo vehículo para Servizos Sociais

Siguiente Noticia ➡️

A normativa obriga á limpeza de terreos particulares

Siguiente Noticia ➡️
licitación servicios en A Laracha

A normativa obriga á limpeza de terreos particulares

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil