sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Programa dirixido ao público infantil e familiar no Día das Letras Galegas

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 3, 2021
in A Laracha
0
letras galegas Laracha

O Día das Letras Galegas 2021, homenaxe a Xela Arias

0
COMPARTIDA
80
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A iniciativa máis novidosa para conmemorar as Letras Galegas será o concurso de marcapáxinas

O 17 de maio celebrarase o Día das Letras Galegas. Este ano, vai dedicado a homenaxear a figura da lucense Xela Arias. En torno a esa data, o Concello desenvolverá unha programación municipal dirixida ao público infantil e familiar.

A iniciativa máis novidosa será o concurso de marcapáxinas. Se convida a participar a todos os nenos de idades comprendidas entre os seis e os doce anos. As elaboracións deben ser dun tamaño de vinte centímetros de alto e seis centímetros de ancho e, preferentemente, feitas en cartolina. Poden presentarse ata o 14 de maio en calquera das bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.

Están establecidas dúas categorías de premios. A primeira para o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, e a segunda, para os de 4º, 5º e 6º de primaria. En cada categoría haberá dous premios compostos por lotes de libros ou material didáctico e educativo adaptado por idade. Ademais, os dous traballos de cada categoría mellor valorados polo xurado serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais. Ver debaixo o programa completo e bases do concurso.

Espectáculos infantís

Pola súa parte, os espectáculos infantís tamén terán unha ampla presenza no programa municipal das Letras Galegas:

  • Venres 14 de maio: no CEIP de Caión a partir das 17:00 horas con Xeliña fala galego. Trátase dun contacontos a cargo de Caxoto e dirixido a nenos a partir dos seis anos de idade.
  • Domingo 16 de maio desde as 12:00 horas no baixo da biblioteca municipal da Laracha: ofrécese o contacontos para bebés (desde os seis meses e ata os catro anos) Brilla brilla, de Trémola Teatro.
  • Luns 17 de maio: a Casa da Cultura acollerá a partir das 18:00 horas a peza teatral Rosalía de Culturactiva e centrada na infancia da poeta. Vai dirixida ao público infantil e familiar.
  • Martes 18 de maio pola tarde, desde as 17:30 horas: obradoiro de narración oral para nenos de 3 a 12 anos de idade a cargo de Carmen Conde.

En todos os eventos as condicións de acceso estarán suxeitas ás medidas sanitarias e sociais que establezan ao respecto as autoridades sanitarias.

Tags: Noticias de LarachaPaiosacosociedad
⬅ Noticia Anterior

Melloran a estrada do núcleo de Requesende

Siguiente Noticia ➡️

Nove empresas optan á adxudicación dos contratos do servizo de desbroce na Laracha

Siguiente Noticia ➡️
adjudican servizo desbroce na Laracha

Nove empresas optan á adxudicación dos contratos do servizo de desbroce na Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil