lunes, enero 18, 2021
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

A Xunta inicia desinfección de exteriores de residencias e centros de saúde

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
marzo 24, 2020
in A Laracha
1
A Xunta inicia desinfección de exteriores de residencias e centros de saúde
13
COMPARTIDA
41
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Os profesionais do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia inician hoxe a desinfección dos exteriores das residencias de maiores, das de discapacitados e dos centros de saúde dos municipios galegos de menos de 5.000 habitantes.

Así, o persoal do SPDCIF actuará en preto de 100 residencias de persoas maiores e de discapacitados e en máis de 460 centros de saúde de 200 concellos do rural durante a situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. Os profesionais do SPDCIF desinfectarán estas áreas rurais tan concorridas e nas que existe un risco superior de contaxio.

Formación e maquinaria

Para executar estes traballos, os efectivos contan coa debida formación para facelos e con todo o material de protección necesario para asistir con todas as garantías sanitarias, así como cos protocolos de actuación pertinentes, seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias ao efecto. Tamén dispoñen da maquinaria e os produtos precisos para efectuar a desinfección. Ademais de desinfectar, establecerán contacto cos profesionais das residencias e reforzarán os seus protocolos de prevención.

A maiores, estes profesionais tamén se encargarán de vixiar as zonas de esparexemento no rural para garantir o confinamento e colaborarán nas comunicacións de posibles condutas irregulares a través da rede de emisoristas do propio Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia.

En concreto, estes labores executaranos os traballadores que participen voluntariamente na iniciativa durante as súas quendas de traballo. Con todo, é sabido que a súa función principal e primordial é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.

Colaboración coas autoridades

Así mesmo, ademais de dedicarse á disuasión de posibles comportamentos incendiarios, entre as funcións adicionais que se lle poden encomendar nun futuro poderán ser as de colaborar coas autoridades no auxilio a persoas residentes en zonas remotas ou de difícil acceso, así como no transporte de produtos como víveres ou material sanitario a zonas do rural galego.

Non obstante, a Consellería do Medio Rural insiste en que sempre estará garantida a dispoñibilidade prioritaria destes profesionais para os labores de vixilancia e extinción de incendios forestais na nosa comunidade.

Desinfección en entidades de concellos galegos

Tags: coronavirusNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

A Xunta avanza a posta en marcha de apoios do sector financeiro

Siguiente Noticia ➡️

Primavera atípica para los alérgicos al polen

Siguiente Noticia ➡️
Primavera atípica para los alérgicos al polen

Primavera atípica para los alérgicos al polen

Opiniones 1

  1. Pingback: Reunión da comisión de seguimento do Covid-19 no Concello da Laracha - eldiariodelaracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • Todos los martes, con Isabel García
    Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.