O pavillón municipal acolle mañá, sábado día 27, un evento onde Conxuro presenta nove patinadoras
O Campionato federativo organizado polo Club de Patinaxe Conxuro A Laracha terá lugar maña, sábado 27 de novembro no pavillón municipal. Trátase da III Fase de Niveis Libre (Niveis do 4 ó 10) de patinaxe. Se vai celebrar desde as 10:00 e ata as 14:45 horas. A proba acudirán preto de cen patinadores, que realizarán un programa coa finalidade de superar o seu nivel.
Tomarán parte no evento quince clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña
- CP Patiart
- CP Velúa
- CP Aura
- CP Buxaina
- CP Lenda
- CPA Costa da Morte
- CPA Inercia
- CP Oleiros
- CP Axel
- CP Oleiros
- CP Alquimia
- Club Compañía de María
- Escola Lubiáns
- CP Conxuro A Laracha
Conxuro presenta a nove das súas patinadoras
- Nivel 4: Carla Santín, Laura Valiente e Claudia Regueira.
- Nivel 5: Cristina Valiente e Mónica Insua.
- Nivel 6: África Rodríguez, Lara Losada, Lola Collazo e Claudia Buño.
Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña e os patrocinadores Asteria Café e Maluca Lobe.