Xa está en marcha o curso de competencias dixitais para mulleres en situación de desemprego.
Xa está en marcha o curso de competencias dixitais para mulleres en situación de desemprego que organiza o Concello.
Nesta primeira fase do programa estase a levar a cabo no edificio de servizos múltiples da Laracha eh horario de mañá un curso de competencias dixitais básicas que achegue ás vinte e catro participantes a aprender como aproveitar as posibilidades que ofrece o acceso á información, a creación de contidos, o uso das tecnoloxías para a comunicación e a resolución de problemas básicos.
Tendo en conta as posibles dificultades de acceso aos equipos tecnolóxicos, cada participante que remate con éxito a acción formativa recibirá unha tablet para o uso persoal.
En próximas datas levaranse a cabo outros tres cursos de competencias dixitais no marco desta mesma iniciativa: outro básico similar ao actual pero a realizar en horario de tarde, un avanzado e o outro, dirixido especificamente ao emprendemento.
Cada un dos cursos ten unha duración de 45 horas e está homologado polo certificado que emitirá a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, precisamente unha das entidades colaboradoras co Concello para a organización deste programa xunto ao Ministerio de Trabajo y Economía Social, e co financiamento da Unión Europea a través dos fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.