A cabeza da lista, Carolina Castiñeiras, agradeceu a implicación das personas que forman parte da candidatura 2023
Ás 00:00 horas o BNG da Laracha iniciou a súa campaña coa tradicional pegada de carteis da súa candidatura. O acto simbólico levouse a cabo na praza do concello xunto ao resto de formacións que se presentan. Despois a militancia despregouse por todas as parroquias, até ben entrada a madrugada, colocando os carteis electorais nos lugares habilitados.
Carolina Castiñeiras agradeceu o traballo e a implicación das persoas que forman parte desta candidatura. «Somos unha formación política modesta en recursos económicos pero rica en recursos humanos e ilusión», declarou. As súas palabras fan alusión a que «a campaña de Bloque Nacionalista Galego faise co esforzo das persoas que cren no proxecto, sen recurrir a empresas externas». Nos proximos 15 días achegaranse polas 13 parroquias para falar da xente do seu programa, pero sobre todo, para escoitar á veciñanza. A máis diso, celebrarán dous actos electorais:
- VENRES 19 DE MAIO: ENCONTRO COA MOCIDADE, ÁS 19:30H , NA CAFETERÍA LUAR
- VENRES 26 DE MAIO: MÍTIN DE PECHE DE CAMPAÑA, ÁS 20:30H , NO CENTRO SOCIOCULTURL DE PAIOSACO