Icono del sitio El Diario de A Laracha

15ª edición do campus de fútbol na Laracha e Paiosaco

campus fútbol en Paiosaco

Foto. Concello da Laracha

140 rapaces participan na 15ª edición do campus de fútbol do Concello da Laracha.

O campus de fútbol celebrouse nos campos municipais da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.

Así que un ano máis, as actividades culturais e deportivas que organiza o Concello no marco do programa municipal de verán, están a ter «unha excelente
acollida» desde que comezou a desenvolverse o programa a primeiros de xullo.

Neste sentido, a proposta que ata o momento contou cun maior número de participantes foi o campus de fútbol, que neste ano alcanzou a súa décimo quinta edición e alcanzou a cifra de 140 nenos.

Tamén, para poder establecer os grupos de idade, levouse a cabo de xeito simultáneo en dous campos: Municipal da Laracha (nenos de 5 a 10 anos de idade) e A Porta Santa de Paiosaco (11 a 15 anos).

Ademais o Concello asumiu os gastos da actividade, polo que a inscrición foi gratuíta para os asistentes. Todos eles realizaron, baixo a supervisión de
técnicos e monitores especializados, diferentes exercicios lúdico-deportivos sempre coa práctica do fútbol como marco referente. Ademais de divertirse, puideron mellorar as súas calidades físicas, técnicas e tácticas.

No último día do campus, os dous grupos recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Deportes, Patricia Bello.

Campus fútbol na Laracha

Salir de la versión móvil