lunes, enero 25, 2021
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Tres campus diferentes de baloncesto no verán larachense

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 6, 2020
in A Laracha
0
presentación baloncesto verán A Laracha

Presentación das actividades do campus de baloncesto A Laracha

28
COMPARTIDA
32
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Trátase de xornadas de tecnificación avanzadas, adestramentos para todas as categorías e o campus anual do Club Baloncesto Laracha

Ao longo deste verán A Laracha acollerá tres campus de baloncesto de diferentes características. Se desenvolverán en instalacións municipais e para os que a inscrición xa está aberta. As tres iniciativas, que contan co apoio do Concello, foron presentadas na Casa Consistorial polos seus promotores. Participaron o alcalde, José Manuel López Varela, a edil responsable da área de Deportes, Patricia Bello, o presidente e o secretario do Club Baloncesto Laracha, Eliseo Velo e Jesús Cabado, Pía Furelos en representación de Tiro Libre e Javier Cotelo como membro de +Talento.

A primeira das iniciativas é o organizada por +Talento. Trátase de xornadas de tecnificación avanzadas dirixidas a maiores de doce anos de idade. Os participantes poderán mellorar as súas capacidades neste deporte con tres sesións de seis horas de duración cada unha. A metodoloxía destaca pola súa personalización ao ter un número reducido de participantes e amplo de adestradores.

Así, para a primeira fin de semana (do 10 ao 12 de xullo) xa están todas as prazas completas. Aínda hai dispoñibles nas xornadas da fin de semana do 17 ao 19 de xullo. As inscricións poden realizarse na web www.mastalentobaloncesto.com.

Días e horarios

Por outra parte, na semana do 13 ao 17 de xullo a entidade Tiro Libre –tenda de baloncesto e organizadora de eventos- propón adestramentos específicos para persoas de todas as idades. Desde categoría mini ata sénior, a desenvolver no pavillón Municipal da Laracha. As xornadas, a realizar en horario de mañá, incluirán preparación física e técnica individual co emprego dunha máquina de tiro. Pódese ampliar información e inscribirse en www.tirolibresantigo.com/workout. Os organizadores contemplan descontos para xogadores do C.B. Laracha.

A última das iniciativas é a terceira edición do campus que organiza o Club Baloncesto Laracha. Está dirixido a rapaces de entre 6 e 15 anos de idade e se vai realizar no pavillón do IES Agra de Leborís entre o 3 e o 7 de agosto de 10:30 a 12:30 horas. O campus estará a cargo dos adestradores Basilio Pampín, Sito Cabado, Irene Velo, Roi Vega e Javi Cotelo. Hay vinte e catro prazas dispoñibles. A inscrición xa está aberta e debe realizarse contactando co club.

Os organizadores destes tres eventos incidiron en que durante a actividade serán cumpridas escrupulosamente todas as medidas de seguridade sanitarias. O alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu estas iniciativas que ofrecen á cidadanía larachesa durante o verán. Por iso afirmou que as entidades organizadoras deste tipo de eventos poden contar co apoio do Concello da Laracha.

Participaron na presentación o alcalde, José Manuel López Varela, a edil de Deportes, Patricia Bello, o presidente e o secretario do Club Baloncesto Laracha, Eliseo Velo e Jesús Cabado, Pía Furelos de Tiro Libre e Javier Cotelo de +Talento
Tags: Concello de Larachadeportes
⬅ Noticia Anterior

Xoan Manoel Sande resalta a figura da candidata do Bng ás eleccións do día 12

Siguiente Noticia ➡️

Máis actividades municipais para conciliar vida persoal e familiar

Siguiente Noticia ➡️
aínda quedan prazas propostas culturais e deportivas A Laracha

Máis actividades municipais para conciliar vida persoal e familiar

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • Todos los martes, con Isabel García
    Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.