Icono del sitio El Diario de A Laracha

75 rapaces participan do campus de baloncesto na Laracha

campus de baloncesto verán na laracha

Participantes do campus de baloncesto no concello da Laracha

As idades dos rapaces la 12 edición do campus de baloncesto está comprendidas entre os 5 e os 15 anos

A duodécima edición do campus de baloncesto que organiza o Concello da Laracha estase a desenvolver nesta semana nas instalacións do pavillón polideportivo municipal da Laracha. O programa consta de cinco xornadas, desde o pasado luns e ata o venres, que se están a levar a cabo en horario de 10:30 a 13:30 horas.

A actividade, incluída no programa municipal de verán, vai dirixida a nenos de entre cinco e quince anos de idade. Cóntase coa participación diaria de 75 rapaces. O primeiro día recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de deportes, Patricia Bello.

O obxectivo deste campus é fomentar a práctica do baloncesto e tamén iniciar nesta modalidade deportiva aos nenos que non tiveron contacto con ela. Non foi necesario ter coñecementos previos para poder inscribirse. Os rapaces teñen a ocasión de aprender aspectos técnicos, tácticos e tamén cuestións relativas ao regulamento.

Salir de la versión móvil