O campionato se vai celebrar o 5 e 6 de febreiro no pavillón municipal do concello
O CP Conxuro organiza por primeira vez o Campionato Preseleccións Provinciais Libre (Cadete a Senior) de patinaxe. Se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 5 de febreiro desde as 9:30 ata as 20:20 horas e o domingo 6 de febreiro desde as 9:30 hasta as 14:45 horas.
Trátase dunha proba federativa oficial, a primeira da tempada. Acudirán preto de 100 patinadores que realizarán o seu programa coa finalidade de acadar a categoría nacional ou rexional para o resto da tempada.
Tomarán parte no evento os siguente vinte clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña e Lugo:
- CP Velúa
- CPA Brión
- CDP Boiro
- CP Oroso
- CPA Omega
- CPA Ágora
- CP Sarela
- CD Fontiñas
- CP Riberira
- CP Compostela
- CDP Berenguela
- CP Campus Stellae
- CP Buxaina
- CP Lenda
- CP Axel
- CPA Eiriz
- Noia Patín
- CP Anca
- CPA Maxia
- CP Conxuro A Laracha
O CP Conxuro presenta a 5 das súas patinadoras:
- Cadete: Marta Andrade, Paula Rey, Xulia Arán e Uxía Freire
- Junior: Ainhoa Cotelo
Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe. Ademáis, conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, a Xunta – Deporte Galego e os patrocinadores «Asteria Café», «Argalla», «O Noso Café» e «Maluca Lobe».
