A campaña é impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes para promocionar a reciclaxe
Na praza do Concello está instalado un contedor amarelo xigante para dar difusión á campaña Únete ao reto! de promoción da reciclaxe. Forman parte da iniciativa na Laracha a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e Ecoembes.
A Laracha é un dos trece municipios galegos participantes neste programa e ten a oportunidade de gañar un premio de 2.000 euros. A finalidade é doar a unha causa social local dita cuantía. Para conseguilo é fundamental á implicación da cidadanía. O reto é incrementar nun 10% con respecto ás cifras dos meses de marzo, abril e maio do ano pasado, a reciclaxe dos contedores amarelos. Lembramos que neles depositanse envases de plástico, bricks, latas, etc.
Durante o último mes xa se desenvolveron unha serie de iniciativas divulgativas da campaña Únete ao reto!. Ademáis conta coa implicación dos establecementos comerciais con material divulgativo e o reparto realizado na feira de Paiosaco Pódese ampliar información sobre este programa na súa páxina web: https://uneteaoreto.com/.