jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Campaña anual de poda de árbores

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
febrero 10, 2023
in A Laracha, Entrevistas
0
campaña anual poda de árbores

Campaña anual de poda de árbores en Paiosaco.

0
COMPARTIDA
75
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello ten en marcha a campaña anual de poda de árbores que afectará aos espazos públicos do termo municipal que requiran deste tipo de intervencións.

Os traballos son executados por Viveiros Amado, a empresa larachesa responsable do mantemento e conservación das zonas verdes ao estar contemplados nese contrato de servizos.

O primeiro punto de intervención está a ser o campo da feira de Paiosaco, onde serán podadas a totalidade das árbores integradas nese ámbito que, ademais de contribuír á sustentabilidade e á calidade ambiental da vila, embelecen o que é un dos espazos máis recoñecibles do termo municipal da Laracha como é o recinto feiral. A ese lugar acudiron o alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro José Ramón Martínez Barbeito, para interesarse polo desenvolvendo das primeiras actuacións.

Os labores de poda continuarán noutros puntos do municipio. No núcleo urbano da Laracha levaranse a cabo na Avenida Fisterra á altura das Torres de Cillobre, na Praza do Concello e nos parques Maximino Canedo e O Recreo. En Caión a intervención principal será rebaixar os setos do Sendeiro de Saldoiro. A campaña tamén chegará ás parroquias rurais como Montemaior (praza do Igrexario), Soandres (entorno do mosteiro), Golmar (entorno do Museo dos Muíños), Vilaño (praza da Areosa), Cabovilaño (O Regado), Lendo (O Cruceiro) e Lemaio (praza no Igrexario).

Esta campaña de poda que cada ano desenvolve o Concello da Laracha ten por tripla finalidade a conservación das árbores, mellorar a estética nos espazos públicos e previr que se produzan danos por posibles caídas de materia vexetal.

Obradoiros de poda e enxerto

Salientar, por outra banda, o rotundo éxito dos obradoiros de poda e enxerto que organizan o Concello e a propia empresa concesionaria do mantemento e conservación de espazos verdes.

As sesenta prazas -vinte en cada unha das tres quendas- están xa completamente cubertas. O Concello ofrece a posibilidade de inscribirse nas listas de agarda para poder asistir no caso de que algunha das persoas con praza concedida comunique a súa renuncia. Aqueles interesados deben cumprir como requisitos estar empadroados no termo municipal da Laracha e ser maior de quince anos de idade.

Os obradoiros levaranse a cabo os días 25 de febreiro e 4 e 11 de marzo en horario de 10:00 a 13:00 horas nas instalacións de Viveiros Amado, situadas no lugar de A Braña Grande (parroquia de Cabovilaño), a carón da estrada AC- 552.

Xestión da Biomasa e limpeza dos solares nas zonas urbanas

A Lei do Solo de Galicia establece o deber legal dos propietarios dos terreos situados en zonas urbanas de mantelos ao longo de
todo o ano en bo estado de conservación e nas condicións óptimas de seguridade, salubridade e ornato público.

Ademais, a Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia establece a obrigatoriedade de xestionar a biomasa das fincas e montes cada ano antes do 31 de maio, así como as distancias mínimas a ter en conta nas plantacións forestais.

O Concello está a desenvolver unha campaña informativa -que inclúe iniciativas como a difusión dun bando municipal- co propósito de facilitar á cidadanía o coñecemento e o cumprimento desas normativas.

Ao longo do ano 2022 a Policía Local da Laracha realizou un total de 350 intervencións en todo o termo municipal relacionadas con incumprimentos de ambas leis e que derivaron en requirimentos aos titulares dos terreos para executar as accións oportunas informándolles, ademais, da posibilidade da execución subsidiaria por parte do Concello con repercusión dos custos ao propietario e mesmo da imposición de sancións.

O Concello agradece á veciñanza a súa implicación e sensibilización con estas obrigas, dado que por norma xeral ditos labores se acometen en tempo e sen necesidade de notificación previa.

Tags: Concello de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Harmoniza facilita a conciliación durante o Entroido

Siguiente Noticia ➡️

"Eu merco na Laracha" con bonos do Concello

Siguiente Noticia ➡️
«Eu merco na Laracha» con bonos do Concello

"Eu merco na Laracha" con bonos do Concello

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil