A campaña del 7 ao 13 de decembro sáldase coa detección de sete positivos
Ao longo da semana pasada, do 7 ao 13 de decembro, a Policía Local da Laracha intensificou o seu labor pola campaña de control sobre alcohol e drogas nos condutores de vehículos. Súmanse así ao plan especial impulsado pola Dirección General de Tráfico (DGT).
A campaña desenvolvida no termo municipal da Laracha saldouse con sete positivos detectados. A Policía Local procedeu a tramitar as correspondentes denuncias administrativas a catro condutores por consumo de drogas e a un por dar positivo por alcohol. Tamén abriu dilixencias por posibles delitos contra a seguridade viaria a outros dous condutores que superaron os 0,60 miligramos por litro de aire expirado na proba de alcoholemia.
Segundo os datos da DGT, o alcohol está presente como factor concorrente ou desencadeante nun terzo dos accidentes mortais. Ademáis, multiplica ata por quince o risco de sufrir accidentes e repercute nunha maior mortalidade ao ser un factor vinculado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.
Ademais, conducir despois do consumo de substancias psicoativas é un comportamento de extremo risco viario. Se detectou en maior medida nas zonas urbanas que nas vías interurbanas, polo que o papel das Policías Locais cobra aínda unha maior relevancia.