A biblioteca municipal da Laracha modificará o seu horario a partir deste mércores 1 de febreiro.
A Biblioteca modificará o seu horario co propósito de adaptalo ás necesidades que presentan os seus usuarios incrementando o tempo de apertura durante as tardes.
Así, a biblioteca, abrirase de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas pola mañá e de 16:30 a 20:00 horas pola tarde.
As bibliotecas de Paiosaco (centro sociocultural) e de Caión (centro sociocomunitario) manteñen o seu horario habitual de 17:00 a 20:00 horas.
Nas tres bibliotecas municipais ofrécense a calquera persoa os servizos de consulta de libros, acceso gratuíto a internet e lectura dos xornais do día. Ademais, os socios poden acceder, tamén de xeito gratuíto, aos servizos de préstamo de libros e material audiovisual.