Deputación e Concello destinan 185.000 euros a este programa de axudas dirixido a microempresas e autónomos
Na web municipal www.alaracha.gal xa está dispoñible para a resolución definitiva da concesión do programa dos fondos de financiamento para a reactivación económica e social (PEL-Reactiva). As axudas impulsadas pola Deputación da Coruña e as que se adheriu o Concello da Laracha ten o propósito de contribuír a paliar as consecuencias econonómicas que a crise do coronavirus supuxo para as microempresas e persoas autónomas.
Se detallan as relacións tanto de beneficiarios como das solicitudes desestimadas por excederse a contía máxima de financiamento dispoñible. Tamén as que non cumpren algún dos requisitos do programa. A valoración de cada unha delas realizouse segundo os criterios puramente técnicos fixados nas bases aprobadas pola Deputación da Coruña.
Ata 12 de maio documentación xustificativa
As empresas e autónomos que resultaron beneficiarios terán ata o día 12 de maio para presentar a documentación xustificativa da subvención. Unha vez realizado ese trámite, o Concello aboará o importe da axuda concedida. Este fondo de financiamento está dotado cun total de 185.113,21 euros. O oitenta por cento é achegado pola Deputación (148.090,56 euros) e o vinte por cento restante, polo Concello (37.022,64 euros). Cada un dos oitenta beneficiarios percibirá unha achega dun mínimo de 1.500 euros e un máximo de 3.000 euros.