O propósito de concorrer as axudas é incorporar un servizo de atención domiciliaria
Na última sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local acordouse concorrer á convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Igualdade no marco do Plan Corresponsables. Así, o Concello presenta unha novidosa iniciativa dirixida a complementar o Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha. A finalidade é incorporar un servizo de atención domiciliaria que estaría a disposición das familias con nenos desde os 4 meses ata os 12 anos para circunstancias puntuais e de natureza extraordinaria.
O servizo aposta por favorecer a conciliación nos campos persoal, familiar e laboral. Establece, ademais, o carácter prioritario para as mulleres vítimas da violencia de xénero, familias monoparentais e unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
Otras cuestións
Por outra banda, tamén se acordou solicitar á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a cesión dun vehículo todoterreo. O obxetivo é incorporalo ao parque móbil a disposición de Protección Civil da Laracha. Faise ao abeiro da convocatoria de subvencións para adxudicar equipamentos de emerxencias a municipios de menos de 50.000 habitantes. O mesmo, está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia.
Salientar, ademais, que foron concedidas tres licencias de obra, sendo unha delas para a construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Santa Baia da parroquia de Soandres.