jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Axudas directas a beneficiarios de comedor escolar dos centros públicos

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
marzo 30, 2020
in A Laracha
0
Axudas directas a beneficiarios de comedor escolar dos centros públicos
25
COMPARTIDA
117
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A partir de mañá e ata o vindeiro día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar. O servizo xestionalo a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais. 

Deste xeito, a Consellería de Educación aboará os menús escolares de todos os días lectivos mentres estean suspendidas as clases presenciais. É para aquelas familias que durante o curso son beneficiarias dunha bolsa de comedor gratuíta (que non pagan nada polo servizo) ou semigratuíta que pagan 1 euro al día, naqueles centros públicos cuxo servizo de comedor escolar está xestionado pola Consellería. 

Presentación de solicitudes

Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a solicitude formal deberá presentarse de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (httos://sede.xunta.gal). Naqueles casos nos que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración dos equipos directivos dos centros de ensino onde estean escolarizados os seus fillos. 

Cada familia presentará unha única solicitude na que incluirá a totalidade dos fillos e fillas (cada un deles debidamente identificado) que sexan comensais gratuítos e semigratuítos de 1 euro no comedor escolar nun centro de ensino público; así como a información da conta bancaria onde realizar o ingreso da compensación.

Compensación días lectivos

Segundo os datos da Consellería, a xaneiro do presente curso, o número de beneficiados por esta medida son preto de 45.000 alumnos, a razón de 40.480 usuarios con comedor gratuíto e 3.813 semigratuíto que pagan 1 euro. Así, no caso dos usuarios de comedor gratuítos, a Consellería aboaralles 2,5 euros/día, e no caso dos usuarios semigratuítos recibirán 1,5 euros/día durante os 14 días lectivos computados durante a vixencia da declaración da situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Para tal fin a Consellería de Educación vén de habilitar un crédito de 3 millóns de euros, que é o estipulado para atender os 14 días lectivos que van entre o comezo da suspensión da actividade lectiva presencial e dos servizos educativos complementarios o pasado 16 de marzo ata o día 12 de abril; así como unha previsión no caso dunha eventual segunda prórroga da situación de alarma.

Tags: coronavirusNoticias de LarachasociedadXunta de Galicia
⬅ Noticia Anterior

Feijóo pide o peche ordenado e confirma a chegada de material sanitario

Siguiente Noticia ➡️

Paralización de obras de mellora no Concello de Laracha

Siguiente Noticia ➡️
Paralización de obras de mellora no Concello de Laracha

Paralización de obras de mellora no Concello de Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil