Poderán solicitalas os estudantes de calquera nivel, desde educación infantil ata universitarios
O Concello da Laracha destinará 75.000 euros a cooperar cos estudantes e as súas familias nos gastos derivados do inicio do novo curso escolar. Tamén da adquisición de material informático durante o ano 2020. Nos próximos días ambas convocatorias de axudas municipais serán publicadas no Boletín Oficial da Provincial (BOP). Abrirase despois, o prazo para que as persoas interesadas poidan presentar as solicitudes de participación.
Para o material escolar e didáctico destinaranse 55.000 euros. As contías das subvencións serán:
- 125 euros cada unha para os beneficiarios de bolsas de estudos que sexan estudantes de educación infantil
- 100 euros para os de educación primaria e secundaria obrigatoria
- 180 euros para os estudantes de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior
- 300 euros para os que cursen estudos universitarios de grao medio ou superior como para alumnos que requiran de necesidades educativas especiais
A outra convocatoria municipal de axudas ten por obxecto subvencionar a adquisición de material informático ao longo do ano 2020. Destinaranse 20.000 euros a este programa. É para o alumnado que comprase ou vaia comprar un ordenador persoal, tableta, impresora ou libro electrónico. Neste caso, a contía das axudas será de 200 euros por beneficiario.
En ambos convocatorias a concesión das subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Os criterios son de outorgamento a renda per cápita e número de membros e características da unidade familiar. Tamén, o expediente académico dos solicitantes. Poderán participar os estudantes de calquera nivel educativo que estean empadroados no Concello da Laracha desde antes do 1 de setembro de 2019. Estas liñas de subvencións municipais son compatibles con calquera convocatoria de bolsas de estudos realizada por outra administración ou institución.