jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Sometidos a ditame catro asuntos que serán elevados ao Pleno do vernes 27

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 24, 2022
in A Laracha
0
pleno con aprobación de obras en el municipio de A Laracha

Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
126
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Todos os asuntos están relacionados coa actualización e aprobación de novas ordenanzas municipais

Hoxe celebrouse unha reunión da Comisión Informativa Permanente de Asuntos Xerais do Pleno na que foron sometidos a ditame catro temas que serán elevados ao Pleno ordinario do venres. Todos eles relacionados coa actualización e aprobación de novas ordenanzas municipais.

Nos casos das ordenanzas reguladoras do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha e do funcionamento e admisión no viveiro municipal de empresas, a proposta é elevar a aprobación a definitiva. Nas novas normativas municipais sobre o uso da praia de Caión e a das terrazas dos locais de hostalería, a aprobación sería con carácter inicial.

Programa Harmoniza

Afondando no contido das mesmas, a ordenanza do novo Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha engloba, adapta e regula o funcionamento de todos os servizos municipais de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar. A normativa garante a continuidade do programa durante os próximos anos e facilita a incorporación de novas medidas se así fose necesario. O texto proposto contempla notables rebaixas na puntuación da baremación necesaria para ter dereito a bonificacións na cota xeral e prioriza o acceso ao servizo ás persoas que xustifiquen a necesidade por circunstancias laborais ou sociofamiliares.

Viveiro de empresas

A ordenanza do viveiro municipal de empresas está centrada na regulación tanto dos criterios de admisión como no funcionamento das instalacións. Grazas a esta infraestrutura o Concello ofrece aos emprendedores laracheses a oportunidade de dispoñer dun espazo físico –naves industriais e oficinas- e as condicións e servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación da súa actividade, apoiando, así, as iniciativas empresariais que contribúan á dinamización industrial, á promoción económica e á creación de emprego no municipio.

Normativa de terrazas

En canto á nova normativa de terrazas, o obxectivo é regular o réxime xurídico ao que debe someterse o aproveitamento do dominio público mediante a colocación de mesas, cadeiras, toldos, proteccións laterais e instalacións análogas anexas a establecementos hostaleiros de carácter permanente. O texto procura organizar a distribución dos espazos para permitir a actividade comercial pero garantindo a boa accesibilidade para os peóns e adecuando a estética da terraza en torno ao lugar no que se sitúa. Tamén establece os horarios de funcionamento nas diferentes épocas do ano.

Uso da praia de Caión

Por último, otro dos asuntos é a ordenanza do uso da praia de Caión ten por finalidade regular as actividades que se realicen no areal co propósito de aumentar a seguridade e protexer a saúde pública e o medio ambiente. Neste sentido, o texto proposto pretende compatibilizar o desenvolvemento de diversas actividades na praia, pero establecendo que o paseo, estancia na area e o baño terán preferencia sobre calquera outro uso.

Tags: empleoempresasocio
⬅ Noticia Anterior

Curso sobre planificación das plantacións de castiñeiro de froito

Siguiente Noticia ➡️

Programas xuvenís de intercambio en Venecia e Berlín

Siguiente Noticia ➡️
programa de intercambio con Italia y Alemania

Programas xuvenís de intercambio en Venecia e Berlín

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil