A actividade comercial regresa este domingo, 17 de maio, a feira de Paiosaco. Farase cos condicionantes para a reapertura ao público recollidos na orde SND/399/2020 do Ministerio de Sanidad (BOE número 130 do 9 de maio). Flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do plan para a transición cara unha nova normalidade.
Durante esa xornada permitirase exclusivamente a venda de produtos do campo e de alimentos. Sendo necesario que os vendedores reserven previamente o espazo para o seu posto chamando ao 981 605001 entre o mércores e o venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.
En todo caso a instalación dos postos de venda na feira do Paiosaco farase entre as 8:00 e as 9:30 horas do domingo. Y baixo a supervisión da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Intentase garantir o cumprimento das medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias competentes.